Faisalabad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Faisalabad é unha importante cidade de Pakistán enclavada no centro das Chairas do Punjab. Centro comercial e industrial da rexión agrícola circundante, así mesmo nó de comunicacións, conta cunha poboación de entre tres e catro millóns de habitantes (segundo as fontes).

Fundada en 1880, durante a ocupación británica, co nome de Lyallpur (epónimo do entón gobernador do Punjab) nun plan de colonización do que era unha terra baldía pola falla de auga. A construción dunha canle dende o río Chenab ao norte permitiu o asentamento de poboación. A súa unión en 1895 á rede de ferrocarrís foi o espaldarazo definitivo para un gran crecemento.