New Order
| New Order | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Salford, Greater Manchester, Inglaterra |
| Período | 1980 - 1993 1998 - 2007 |
| Xénero(s) | post-punk, New Wave, rock alternativo, música electrónica |
| Selo(s) discográfico(s) | Factory, London, Qwest, Warner Bros., Reprise |
| Membros | Peter Hook Bernard Sumner Stephen Morris Gillian Gilbert Phil Cunningham |
| Antigos membros | |
| Web oficial | |
New Order foi unha banda inglesa formada en 1980 por Bernard Sumner (voces, guitarras, sintetizadores), Peter Hook (baixo, coros, batería electrónica) e Stephen Morris (batería, sintetizadores). New Order formouse a raíz da desaparición do seu anterior grupo, Joy Division, despois do suicidio do vocalista Ian Curtis. Posteriormente uníuselles a teclista Gillian Gilbert.
New Order combinou post-punk e dance electrónico e converteuse nunha das bandas máis aclamadas pola crítica e máis influentes dos anos 80. A pesar de que nos seus primeiros anos estivo ensombrecida polo legado de Joy Division, a súa inmersión na escena de clubs de Nova York a principios dos 80 aumentou os seus coñecementos sobre a música dance. O seu hit de 1983 "Blue Monday" achegounos de cheo á música dance e aos instrumentos sintetizados, e trátase do sinxelo de 12" máis vendido da historia. New Order foi a banda insignia do selo Factory Records, e as súas portadas minimalistas reflectían a estética do selo. A banda foi considerada frecuentemente tanto polos seareiros, coma críticos e outros músicos como unha forza moi influente nas escenas do rock alternativo e da música dance.
New Order estivo en hiato entre 1993 e 1998, tempo durante o cal os seus membros participaron en varios proxectos paralelos. A banda reuníuse en 1998 e no 2001 editaron Get Ready, o seu primeiro álbum en oito anos. No 2005 Phil Cunningham (guitarra, sintetizadores) reemprazou a Gilbert, que deixara o grupo debido a compromisos familiares.
No ano 2007 Peter Hook deixou a banda e afirmou que el e Sumner non tiñan máis plans para traballar xuntos. Sumner revelou no 2009 que xa non desexaba facer máis música como New Order. Sumner e Cunningham agora traballan xuntos na banda Bad Lieutenant. Hook editou música con Freebass, unha banda inglesa con tres baixistas, Hook, Andy Rourke (antigamente en The Smiths) e Gary "Mani" Mounfield (antigamente en The Stone Roses e na actualidade en Primal Scream) co cantante Gary Briggs (antigamente de Haven).
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- Movement - 1981 (Factory Records)
- Power, Corruption & Lies - 1983 (Factory Records)
- Low-Life - 1985 (Factory, Qwest)
- Brotherhood - 1986 (Factory Records)
- Technique - 1989 (Factory Records)
- Republic - 1993 (London Records)
- Get Ready - 2001 (London Records)
- Waiting for the Sirens' Call - 2005 (London Records)
- Lost Sirens - 2013 (Rhino Records)
Recompilatorios [editar]
- Substance 1987 - 1987 (Factory, Qwest)
- The John Peel Sessions - 1990 (Strange Fruit)
- (the best of) New Order - 1994 (London, Qwest)
- (the rest of) New Order - 1995 (London, Qwest)
- Before & After – The BBC Sessions - 2002 (Fuel 2000)
- International - 2002 (London)
- Retro - 2002 (London)
- In Session - 2004 (Strange Fruit)
- Best Remixes - 2005 (Warner Bros.)
- Singles - 2005 (Warner Bros.)
- iTunes Originals – New Order - 2007 (London)
- Total: From Joy Division to New Order - 2011 (WEA UK, Rhino)