Este artigo amosa letras indias. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa letras urdús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Kanpur (en hindi: कानपुर; en urdú: کانپور) é unha cidade da India, a máis poboada do estado norteño de Uttar Pradesh de cuxa capital, Lucknow, apenas dista 60 km. Situada á beira do río Ganxes no seu curso medio, é un gran centro industrial e comercial ademais dun importante nó de comunicacións. Conta cunha poboación de seu de 2 767 031 de habitantes (censo de 2011).
De orixes incertas ata o século XIII, era unha pequena poboación cando a súa incorporación á coroa británica en 1801, precisamente famosa polo asedio e masacre na rebelión india de 1857 contra o poder colonial.