Madchester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madchester
Orixe musicalmod, punk rock, cultura rave, rock psicodélico, northern soul, post-punk, pop (anos 60), garage rock (anos 60), hard rock
Orixe culturalmediados dos 80 en Manchester e noroeste do Reino Unido
Instrumentos típicosguitarra, baixo, batería, teclados, sintetizadores

O Madchester foi unha escena musical británica desenvolvida na cidade de Manchester a finais dos anos 80 e principios dos 90. A música aparecida na escena mesturaba rock alternativo, rock psicodélico e música dance. Artistas asociados coa escena son New Order, Happy Mondays, The Stone Roses, Inspiral Carpets, Northside, 808 State, James, The Charlatans, The Fall, A Guy Called Gerald e outras bandas. Nese tempo, o club nocturno The Haçienda foi un gran catalizador para o distintivo espírito musical da cidade que foi chamado o "segundo verán do amor".