Friedrich Engels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Engels")
Friedrich Engels

Friedrich Engels, nado o 28 de novembro de 1820 e finado o 5 de agosto de 1895, foi un economista e pensador alemán, principal colaborador e coautor da maioría das obras de Karl Marx, xunto co que desenvolveu a teoría comunista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Engels naceu na Alemaña en 1820 no seo dunha familia adiñeirada. A pesares disto, debeu abandonar cedo os seus estudos para dedicarse a traballar de dependente. Sen embargo, comezou a estudar de xeito autodidacta no tempo libre que lle concedían o seu traballo e a súa familia. Ao igual que sucede con Marx, a filosofía hegeliana exerce unha grande influencia sobre el. En 1842 coñece a Marx, feito que cambiaría radicalmente a súa concepcion das teorías revolucionarias e socialistas existentes até o momento. Nestes anos, tamén, retoma aos seus estudos oficiais, en concreto de economía política. A liña ideolóxica do seu pensamento resúmese en A situación da clase obreira en Inglaterra, que publica en 1844. Neste mesmo ano trasládase a París, onde se entrevista con Marx. A posta en común das súas ideas, moi próximas, lévaos a colaborar definitivamente a partir desa data. Esta amizade perduraría até a morte de Marx en 1883.

Se Marx se ocupou dos aspectos políticos, Engels inclinouse polo estudo da economía política. En colaboración con este publicou A Sagrada Familia, A ideoloxía alemá e o Manifesto do Partido Comunista, obra de grande repercusión nos séculos XIX e XX.

Billete de 50 marcos da República Democrática Alemá coa figura de Friedrich Engels

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Friedrich Engels
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Friedrich Engels

Outros artigos[editar | editar a fonte]