Buzzcocks
| Buzzcocks | |
|---|---|
A banda ao vivo no 2006 |
|
| Información | |
| Orixe | Bolton, |
| Período | 1976 - 1981 1989 - actualidade |
| Xénero(s) | punk rock, pop punk, New Wave |
| Selo(s) discográfico(s) | I.R.S. Records, Cooking Vinyl Records, ROIR Records, EMI |
| Membros | Pete Shelley Steve Diggle Chris Remmington Danny Farrant |
| Antigos membros | Howard Devoto Garth Mick Singleton John Maher Barry Adamson Steve Garvey Mike Joyce Tony Barber Phil Barker |
| Web oficial | http://www.buzzcocks.com/ |
Buzzcocks é unha banda inglesa de punk rock formada en Bolton en 1976 polo vocalista e guitarrista Pete Shelley. Son considerados unha importante influencia na escena musical de Manchester, o movemento discográfico independente, o punk rock, o powerpop, o pop punk e o indie rock. Acadaron o éxito comercial con sinxelos que fusionaban as estruturas pop coa enerxía do punk.
O nome "Buzzcocks" foi escollido por Howard Devoto e Pete Shelley despois de ler o titular "it's the buzz, cocks!" nunha reseña da serie de televisión Rock Follies na revista Time Out. O "buzz" é a excitación de tocar nun escenario; "cock" na xerga de Manchester significa colega.
Aínda que non tiveron tanta proxección como os tamén ingleses Sex Pistols e The Clash, os Buzzcocks foron referencia para bandas coma The Libertines, Green Day ou The Offspring (que versionaron o seu tema "Autonomy"). Fine Young Cannibals, Anti-Flag, Billy Talent e Thursday versionaron a súa canción "Ever Fallen in Love", mentres que Nirvana convidounos para que fosen os teloneiros na que sería a súa derradeira xira europea.
Discografía[editar]
- Another Music in a Different Kitchen - 1978
- Love Bites - 1978
- A Different Kind of Tension - 1979
- Trade Test Transmissions - 1993
- All Set - 1996
- Modern - 1999
- Buzzcocks - 2003
- Flat-Pack Philosophy - 2006