Mabel Rivera
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Mabel Rivera | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | María Isabel Rivera Torres 20 de xuño de 1952 (61 anos) Ferrol |
|||||||||||
| Profesión | actriz | |||||||||||
| Cónxuxe(s) | Henrique Banet | |||||||||||
| Ficha na IMDb | ||||||||||||
|
||||||||||||
María Isabel Rivera Torres, máis coñecida como Mabel Rivera, nada en Ferrol o 20 de xuño de 1952, é unha actriz galega.
Índice |
Biografía[editar]
Actriz de enorme experiencia teatral. En Galicia é coñecida desde hai máis dunha década como protagonista da comedia de maior éxito da TVG, Pratos Combinados, onde interpretou o personaxe de Balbina ata que o recoñecemento a nivel estatal lle chegou ó ser unha das actrices da oscarizada película Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar e que lle valeu o Premio Goya á Mellor Actriz de Reparto.
Traballou en publicidade, ademais de como presentadora, axudante de dirección e actriz de dobraxe.
É Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e fala castelán, galego, inglés e francés.
Cine[editar]
- El bosque animado (1987), de José Luis Cuerda. Como Sra. Gundín.
- Inútil (2001), de Paco Rañal.
- Mar adentro (2004), de Alejandro Amenábar. Como Manuela Sampedro.
- Más que hermanos (2005), de Ramón Costafreda. Como Remedios.
- Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. Como Josefa.
- Faltas leves (2006), de Jaume Bayarri e Manuel Valls. Como Trini.
- Los caprichos de Goya (2006), de Milos Forman.
- El impostor (2006), de Ricard Figueras.
- Mataharis (2007), de Icíar Bollaín.
- El orfanato (2007), de Juan Antonio Bayona.
- Agallas (2009), de Andrés Luque e Samuel Martín Mateos.
- 7 pasos y medio (2009), de Lalo García.
- Lobos de Arga (2011), de Juan Martínez Moreno.
- Engurras (2011), de Ignacio Ferreras.
- Concepción Arenal, a visitadora de cárceres (2012), de TVG.
Televisión[editar]
Filmes para televisión[editar]
- Conexão (2008). TVG.
- Futuro: 48 horas (2008). Como Consuelo. Antena 3.
- A Bela Otero (2008). Como Madrina Josefa. TVG.
Series de TV[editar]
Fixa[editar]
- Pratos combinados (1995-2003). Como Balbina. TVG.
- O Nordés (2009). Como Amelia. TVG.
- Libro de familia (2010). Como Inés. TVG.
- Familia (2013). Como Mª Elena. Telecinco.
Episódica[editar]
- Los Serrano (2008). Como Sor Luz Divina . Telecinco.
Teatro[editar]
Centro Dramático Galego[editar]
- Agasallo de sombras (1984) (autor e director Roberto Vidal Bolaño).
- Os vellos non deben de namorarse (1985), de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (dirección E. Alonso).
- O enfermo imaxinario, de Molière (dirección Eduardo Alonso).
- As alegres casadas (1989), de William Shakespeare (dirección Eduardo Alonso).
Teatro do Malbarate[editar]
- Xogos de damas (1987) de Anxel R. Ballesteros (dirección Eduardo Alonso).
- Galicia, S.L. (1988) de varios autores (dirección Eduardo Alonso).
- Inventarios (1990) de Philippe Minyana (dirección Fernanda Lapa).
- Xogos á hora da sesta (1991) de Roma Mahieu (dirección Cándido Pazó).
Outras compañías[editar]
- Compañía (2000) de Eduardo Rovner (dirección Antonio Simón).
- Cartas de amor (2001) de A.R. Gourney (dirección Avelino González).
- O país da comedia (2001) de varios autores (dirección Carlos Blanco).
Premios e candidaturas[editar]
- 1991:
- Gañadora do Premio Compostela á mellor actriz por Inventarios de Philippe Minyana (1991).
- 1997, 1998 e 1999:
- Nomeada como mellor actriz nos Premios AGAPI por Pratos Combinados.
- 2002:
- Nomeada como mellor actriz nos Premios Mestre Mateo por Máis que irmáns.
- 2005:
- Gañadora do Premios Goya á Mellor Actriz de Reparto por Mar adentro.
- Gañadora do Premio Sant Jordi á Mellor Actriz española por Mar adentro.
- Nomeada ó Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Mar adentro.
- Nomeada ó Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á Mellor Actriz Secundaria por Mar adentro.
- Nomeada ó Premio da Asociación Cronistas de Espectáculos de Nova York (ACE) á Mellor Actriz de Reparto por Mar adentro.
- 2007:
- Gañadora como mellor actriz de reparto nos Premios Mestre Mateo por Hotel Tívoli.
- 2008:
- Candidata como mellor actriz de reparto nos Premios Mestre Mateo por A Bela Otero.
- 2009:
- Candidata como mellor actriz de reparto nos Premios Mestre Mateo por O Nordés.
- 2012:
- Nomeada como mellor actriz de reparto nos Premios Mestre Mateo por Concepción Arenal, a visitadora de cárceres.