A Bela Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agustina Otero Iglesias
La Bella Otero.JPG
A Bela Otero.
Nacemento 4 de novembro de 1868
Valga, Pontevedra Galicia Galicia
Falecemento 12 de abril de 1965
Niza, Francia Francia
Outros nome(s) A Bela Otero ou Carolina Otero.
Profesión actriz e bailarina
Ficha na IMDb
Estatua nos xardíns de Valga

Agustina Otero Iglesias, máis coñecida como A Bela Otero ou Carolina Otero, nada en Valga o 4 de novembro de 1868 e finada en Niza o 12 de abril de 1965, foi unha célebre actriz e bailarina de orixe galega.

Índice

[editar] Traxectoria

Nada en Valga, Pontevedra, os seus apelidos son os da súa nai, xa que nunca foi recoñecida polo pai. Dada a súa difícil situación, xa de pícara foi traballar de criada a Santiago de Compostela. Aos dez anos sofreu unha violación que a deixaría estéril. Aos catorce, namora do seu compañeiro de baile Paco e foxen xuntos a Lisboa, onde traballaron de bailaríns até que este a abandonou. Seguíndoo, chegou a Barcelona onde en 1888 un banqueiro moveu os fíos para facela triunfar como bailarina en Francia. Foi con el até Marsella, onde axiña o abandonou e comezou a converterse en Carolina, a Bela Otero, unha xitana de Cádiz. Perseveraría neste papel toda a súa vida, e con el chegou a ser a estrela do Folies Bergère en París e ser unha das mulleres máis desexadas de Europa.

A condición da muller no espectáculo daquela era esvaradía, e polo xeral foi considerada unha cortesá con relacións co máis granado da aristocracia europea: o Rei Eduardo VII de Inglaterra, o Tsar Nicolao II e Gabriele d'Annunzio.

Retirouse en 1910 e dilapidou a súa fortuna no Casino de Montecarlo para afundir paulatinamente na pobreza.

[editar] Bibliografía

  • Arruíname pero no me abandones. La Bella Otero y la Belle Époque. De Marie-Helène Carbonel i Javier Figuero. Ed. Espasa Calpe, 2003.
  • A Bela Otero, pioneira do cine, Miguel Anxo Fernández;
  • La Belle Otero. Postais. Limiar de Luís Seoane. Edicións Xerais, 2001;
  • Ficción;
  • A paixón de Carolina Otero Ramón Chao, 2001. Biografia ficticia;

[editar] Filmes

[editar] Bibliografía

  • Miguel Anxo Fernández (2003), A Bela Otero, pioneira do cine, Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-617-7.
  • Carolina Otero (2001), As auténticas memorias da Bela Otero, Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-685-6. (as memorias orixinais fóronlle ditadas a Madame Claude Valmont en 1926)

[editar] Véxase tamén

[editar] Galería de imaxes

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas