Luis González Seara
Luis González Seara, nado na Mezquita (A Merca) o 7 de xuño de 1936, é un sociólogo e político galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
É doutor en Ciencias Políticas e foi secretario xeral do Instituto de la Opinión Pública (1963-1969). Exerceu a docencia como catedrático de Socioloxía na Universidade de Málaga e na Universidade Complutense de Madrid, da que foi decano (1971). Foi un dos fundadores do Partido Social Demócrata de Francisco Fernández Ordóñez e da revista Cambio 16 e de Diario 16, foi senador pola UCD por Ourense (1977-1979), deputado por Pontevedra no Congreso dos Deputados (1979-1982) tamén pola UCD aínda que o 4 de febreiro de 1982 pasou ao grupo mixto. Foi ministro de Universidades e Investigación (1979-1981). Na actualidade é catedrático de socioloxía na Universidade Complutense de Madrid.
Obras [editar]
- Opinión Pública y Comunicación de Masas (1968)
- La Sociología, aventura dialéctica (1971)
- La Década del Cambio (1987)
- El Poder y la Palabra (1995)
- El laberinto de la Fortuna (1998)