Jorge Bermello
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge Bermello Fernández, nado o 7 de abril de 1936 en Ourense, é un político galego.
Traxectoria [editar]
Militante do Partido Popular foi alcalde de Ourense, pola candidatura da coalición AP-CdeG nas eleccións de 1987, logo de acadar a súa candidatura a maioría simple, mais unha moción de censura en decembro deste mesmo ano dalle a alcaldía ó candidato socialista Manuel Veiga Pombo, co apoio de Independentes de Galicia e do tránsfuga do CDS Balbino Álvarez. Tamén foi senador (1993-2004) e presidente da Cámara de Comercio de Ourense.
| Predecesor: Antonio Caride-Tabarés |
alcalde de Ourense xuño-decembro1987 |
Sucesor: Manuel Veiga Pombo |