A Mezquita, A Merca
- Para o concello vexa A Mezquita
| A Mezquita | |
|---|---|
| Igrexa de San Pedro da Mezquita | |
| Concello | A Merca |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2007) 244 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 10 |
San Pedro da Mezquita é unha parroquia do concello ourensán da Merca. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 244 habitantes (113 homes e 131 mulleres), 7 menos que no ano anterior. Forman a parroquia os lugares de Arcas, O Campo, Compostela, A Eirexa, Freixeiro, Loureiro, Nogueira, Outeiro, A Torre e O Val.
Índice |
[editar] Patrimonio histórico e artístico
A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Monumento Nacional en 1931. É de orixe románica (ten unha inscrición de 1202, malia que xa aparece citada no ano 986), con elementos de transición ao gótico.
É de planta lonxitudinal e unha sola nave, que remata nun piñón. A ábsida está cuberta por dous teitos desiguais. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida.
Desde a igrexa pódese contemplar o castro de San Marcos.
A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Brangança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións, na actualidade consérvase só a parte inferior.
[editar] Persoeiros ilustres
- Albino Núñez Domínguez, escritor, pedagogo e poeta.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares da Mezquita
| Lugares da parroquia da Mezquita no concello da Merca (Ourense) | |
|---|---|
|
Arcas | O Campo | Compostela | A Eirexa | Freixeiro | Loureiro | Nogueira | Outeiro | A Torre | O Val |