Manuel Montero Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Montero Gómez, nado en Valladolid o 26 de agosto de 1933 e finado en Ourense o 20 de decembro de 2006, foi un médico e político galego ligado ao PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi xefe do Servizo de Cirurxía do Hospital Provincial de Ourense dende 1965 e xefe de Cupo da Seguridade Social (1978-1989). Foi elixido senador pola provincia de Ourense na IV lexislatura (1989-1990) pero renunciou ao ser nomeado Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia en febreiro de 1990. Foi Presidente do Colexio Oficial de Médicos de Ourense e do Consello Galego de Colexios Médicos.


Predecesor:
Pablo Padín
Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Sanidade

1990 - 1991
Sucesor:
Xosé Manuel Romay Beccaría

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]