José Rodríguez Reza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rodríguez Reza
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1922 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de abril de 2007 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
15 de xuño de 1977 – 31 de agosto de 1982
Circunscrición electoral: Ourense
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Rodríguez Bouzo Editar o valor em Wikidata

José Rodríguez Reza, nado en Ourense o 11 de marzo de 1922 e finado na mesma cidade o 9 de abril de 2007, foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Rodríguez Bouzo. Estudou o bacharelato en Ourense e a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou. Ben metido no tecido empresarial da cidade, foi director do Hotel Sila, un dos principais hoteis históricos da cidade e tamén conselleiro delegado da cervexeira Cervezas San Martín e das cooperativas agrarias Coren. Presidente da Caixa Rural de Ourense foi baixo o seu mandato que esta entidade asinou a súa disolución e absorción por parte de Caixa Galicia, entidade á que se incorporou como membro do consello de administración. Figurou no órgano reitor da caixa de aforros ata 2006. Foi tamén vicepresidente da Fundación Galícia Europa.

Participou na política da man da UCD. Foi elixido senador en dúas ocasións, nas Xerais constituíntes de 1977 e nos comicios de 1979. Tamén foi elixido concelleiro na cidade de Ourense e deputado provincial.

Socialmente, ademais, pertenceu ao Liceo Recreo Orensano e ao Orfeón Unión Orensana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]