Miguel Fidalgo Areda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Fidalgo Areda
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Miguel Fidalgo Areda, nado en Francelos (Ribadavia) o 10 de marzo de 1956, é un político socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mestre de profesión. Foi concelleiro do PSdeG-PSOE en Ribadavia tralas eleccións municipais de 1983. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura socialista e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos Independentes do Municipio de Ribadavia e do BNG. Porén, en xullo de 1989 perdeu a alcaldía tras unha moción de censura apoiada polos Independentes que fixo alcalde ó candidato de Centristas de Galicia Antonio Lorenzo. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 resultou elixido deputado.

Nas municipais de 1991 encabezou novamente a candidatura do PSdeG e logrou sela forza máis votada, se ben non recuperou a alcaldía tras apoiar Centristas de Galicia ao PPdeG. Porén, o 26 de maio de 1992 volveu á alcaldía tras unha moción de censura apoiada por dous dos edís de Centristas, renunciando por tanto á súa acta de deputado autonómico. Nas municipais de 1995 quedou por detrás do PPdeG e perdeu a alcaldía. Volveu encabezala candidatura socialista nas municipais de 1999 sen lograr recuperala alcaldía, permanecendo como concelleiro na oposición ata o fin do mandato en 2003.

Nas Eleccións xerais de 2008 foi o candidato número 1 do PSdeG-PSOE ao Senado pola provincia de Ourense e foi elixido senador. Revalidou a súa acta nas Eleccións Xerais de 2011, permanecendo na cámara alta ata o remate da lexislatura en 2015.


Predecesor:
José María Vázquez Pérez
 
Alcalde de Ribadavia
 
1987 - 1989
Sucesor:
Antonio Lorenzo Rodríguez
Predecesor:
José María Vázquez Pérez
 
Alcalde de Ribadavia
 
1992 - 1995
Sucesor:
Jaime Dávila Sánchez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É pai de Brais Fidalgo, dirixente da marea Ribeiro en Común.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]