Antonio Hervella Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Hervella Martínez
Nacemento17 de marzo de 1935
Lugar de nacementoO Barco de Valdeorras
Falecemento1 de xaneiro de 2020
Lugar de falecementoO Barco de Valdeorras
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiPedro Tertuliano Hervella Nieto
FillosPedro Tertuliano Hervella Garrido

Antonio Hervella Garrido

Miriam Hervella Garrido
editar datos en Wikidata ]

Antonio Hervella Martínez, nado no Barco de Valdeorras o 17 de marzo de 1935 e finado no mesmo concello o 1 de xaneiro de 2020,[1] foi un procurador e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Tertuliano Hervella Nieto. Foi concelleiro do Barco de Valdeorras entre 1979 e 1983 por Coalición Democrática. En 1983 foi elixido alcalde do Barco de Valdeorras por AP, sendo tamén o primeiro presidente da Mancomunidade de Valdeorras, así como deputado provincial. En 1987 non concorreu á reelección e non continuou nos devanditos cargos. Posteriormente foi e asesor da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia, e en 1991 volveu á política local como primeiro tenente de alcalde do Barco polo PPdeG. En 1993 foi elixido senador pola provincia de Ourense polo Partido Popular na V lexislatura (1993-1996). Posteriormente abandonou a formación popular, e en 1999 encabezou a candidatura de Coalición Galega no Barco, conseguindo 2 concelleiros. En outubro de 2002 os membros de Coalición Galega barquenses regresaron ó PPdeG[2], se ben non continuou na primeira liña política tralo fin do mandato en 2003.


Predecesor:
Eulogio Gavela García
 
Alcalde do Barco de Valdeorras
 
1983 - 1987
Sucesor:
Eulogio Gavela García

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Aurelia Garrido Forneiro e foi pai de Antonio Aurelio, Pedro Tertuliano e Mirian Hervella Garrido.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]