Edificio Seagram

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aspecto exterior do edificio Seagram.

O edificio Seagram é un rañaceos de Manhattan, na cidade de Nova York.

Foi deseñado polo arquitecto alemán Ludwig Mies van der Rohe, en colaboración co americano Philip Johnson e rematado en 1958. Ten 156,9 metros de altura e 38 pisos. É considerado un dos mellores exemplos da estética funcionalista e unha obra mestra do modernismo corporativo. Foi deseñado como sede da Joseph E. Seagram's & Sons.