Estilo Internacional (arquitectura)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O Estilo Internacional foi a maior tendencia arquitectónica dos anos vinte e trinta do século XX. O termo refírese aos edificios e arquitectos das décadas do Modernismo, antes da Segunda guerra mundial. O termo ten a súa orixe orixinaria do nome do libro de Henry-Russel Hitchock e Philip Johnson no que se identificaba, categorizaba e expoñía baixo características comúns ao modernismo por todo o mundo. Coma resultado, centrouse máis nos aspectos estilísticos do modernismo. Os principios básicos do estilo internacional xuntos constitúen unha parte do modernismo.