Deutscher Werkbund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Movemento inspirado nas ideas do movemento Artes e Oficios, preconizado por William Morris. A Deutscher Werkbund era unha asociación mixta de artesáns, artistas e industriais, fundada en 1907 en Munique, por Hermann Muthesius e Henry van de Velde, con vista á promoción da industria alemá e á modernización das producións artisticas no ámbito da construción, os arranxos interiores e o deseño de obxectos. A Deutscher Werkbund distanciábase do movemento inglés "Artes e Oficios" ao admitir a utilización da máquina e do proceso industrial. Esta asociación dividíase en dúas partes: na padronización do deseño (produción mecánica en masa) e na preservación da expresión artística industrial.

A Werkbund manifestaba un interese tan vasto pola industria que foi lle confiada a Peter Behrens a tarefa de proxectar publicacións, logotipos, candeeiros, chaleiras eléctricas, fábricas, conxuntos de habitacións para operarios, tendas e publicidade para a AEG. A Werkbund traballaba xa no dominio de deseño industrial. Víanse nas páxinas dos anuarios da Werkbund reproducións de fábricas, de mobles, de candeeiros, de locomotoras do Maffeiwerke de Munique, camiños de ferro eléctricos, navíos, reproducións do avión de Rumper (La Colombe), pontes en formigón armado, pontes suspensas en aceiro, etc.

Sufriu unha pausa nas súas actividades en 1918, voltando as costas á industria debido á guerra. Gropius decidiu reconducir as artes ao artesanato fundando en Weimar a Bauhaus. Van de Velde tivo de deixar a Alemaña por ser cidadán dun país inimigo.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deutscher Werkbund