Vila Tugendhat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Vila Tugendhat
Villa Tugendhat front.JPG
Vista da Vila Tugendhat.
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 2001 (sesión XXIV)
País: República Checa República Checa
Localización: 49°12′26″N 16°36′57″E / 49.20722°N 16.61583°E / 49.20722; 16.61583
Rexión: Europa
Tipo: Cultural
Criterios: (ii), (iv)
Descrición UNESCO: fr en

A Vila Tugendhat é considerada unha obra mestra do arquitecto alemán Ludwig Mies van der Rohe. Construída no 1930 en Brno, na actual República Checa, por encargo de Fritz Tugendhat e a súa muller Greta, pronto se converteu nunha icona da arquitectura moderna.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O custo da súa construción foi moi alto debido ao inusual método de construción, os materiais luxosos, unha tecnoloxía de calefacción moi moderna, a ventilación, etc. É tamén bastante grande para unha casa familiar, feito que pode non percibir o visitante ocasional posto que a elegante simplicidade das habitacións usadas pola familia é compensada por un espazo moi grande ocupado por habitacións utilitarias.

Fritz e Greta Tugendhat, que eran xudeus, deixaron Checoslovaquia cos seus fillos en 1938, pouco despois de que o país fose desmembrado segundo o acordo de Munich. Non volveron nunca. A casa tivo varios usos prácticos durante as décadas posteriores á segunda guerra mundial e en 1992 os líderes políticos de Checoslovaquia se reuniron nela para asinar o documento que dividía formalmente ao país nos actuais estados da República Checa e Eslovaquia. Dende 1994 a vila está aberta ao público como museo administrado pola cidade de Brno.

A vila Tugendhat foi designada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2001.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vila Tugendhat

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]