Lista de óperas de Wolfgang Amadeus Mozart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cartel da estrea de Die Zauberflöte o 30 de setembro de 1791 en Viena.

Wolfgang Amadeus Mozart compuxo 22 óperas en diferentes xéneros. As súas óperas van desde as obras a pequena escala –derivadas deas que compuxo na súa xuventude– ás óperas de maior envergadura da súa madurez. Tres das obras foron abandonadas antes de rematar a súa composición e non foron representadas ata moitos anos despois da morte do compositor. Todas as súas óperas de madurez son consideradas obras clásicas e sempre formaron parte do repertorio dos teatros de ópera de todo o mundo.[1]

Análise xeral[editar | editar a fonte]

Segundo o analista operístico David Cairns, Mozart tivo dende unha idade moi temperá "unha extraordinaria capacidade [...] para aproveitar e asimilar calquer estilo recentemente aparecido que fora máis útil para el».[2] Nunha carta a seu pai, datada o 7 de febreiro de 1778, Mozart escribiu "Como sabes, podo adoptar ou imitar máis ou menos calquer clase e estilo de composición».[3] Empregou o seu don para innovar, convertíndose simultáneamente en "asimilador, perfeccionador e innovador".[2] Deste xeito, as súas primeiras obras seguen as formas tradicionais da opera seria italiana e da opera buffa, así como o singspiel alemán. Na súa madurez, segundo o escritor Nicholas Kenyon, "mellorou todas as formas coa riqueza da súa innovación"[1] e, en Don Giovanni, levou a cabo unha fusión dos dous xéneros italianos, incluíndo na o personaxe serio de Donna Anna, os buffos nos personaxes de Leporello e Zerlina, e unha mestura das dúas (seria e buffa) no personaxe de Donna Elvira.[1]

As ideas e caracterizacións nas súas primeras obras foron desenvolbidas e refinadas posteriormente. Por exemplo, nas últimas óperas de Mozart salientan unha serie de personaxes memorables con fortes rasgos femininos, en particular as chamadas "soubrettes vienesas"» quen, segundo Charles Osborne, "buscan o xeito de combinar o encanto co instinto de xestión".[4] O analista e escritor musical Gottfried Kraus destaca que todas esas mulleres estaban presentes, como prototipos, nas primeiras óperas; Bastienne (Bastien und Bastienne, 1768) e Sandrina (La finta giardiniera, 1774) son precedentes das posteriores Constanza (Die Entführung aus dem Serail) e Pamina (Die Zauberflöte, 1791), mentres que Serpetta (La finta giardiniera) é a precursora de Blonde (Die Entführung aus dem Serail), Susanna (Le nozze di Figaro, 1786), Zerlina (Don Giovanni) e Despina (Così fan tutte, 1790).[5]

Os textos das obras de Mozart proveñen de varias fontes, e as primeiras óperas son de cotío adaptacións de textos existentes.[6] O primeiro libretista elixido polo propio Mozart aparentemente foi Giambattista Varesco, quen escribiu o libreto de Idomeneo, re di Creta en 1781.[7] Cinco anos despois, comezou a súa colaboración máis duradera, con Lorenzo da Ponte, o seu "verdadeiro fénix".[8] Non obstante, a teoría ámplamente aceptada de que da Ponte foi o libretista para a descartada Lo sposo deluso (1783) é agora xeralmente rexeitada.[9] Mozart sentía que, como compositor, a súa opinión debería ser tida en conta no contido do libreto para servir mellor á música. O musicólogo Charles Rosen escribe: "é posible que da Ponte comprendera as necesidades dramáticas do estilo de Mozart sen indicacións; mais antes da súa asociación con da Ponte, Mozart xa intimidara a varios libretistas para que lle deran ás súas obras unha carga dramática do seu gusto".[10][nota 1]

Clasificación da lista[editar | editar a fonte]

Bases para a súa inclusión[editar | editar a fonte]

A lista inclúe todas as obras teatrais xeralmente aceptadas como compostas por Wolfgang Amadeus Mozart. Neste contexto, "teatral" significa representadas nun escenario por vocalistas como actores conforme a acotacións. Algunhas fontes teñen adoptado criterios máis específicos, o que as leva a excluir o primeiro singspiel sacro Die Schuldigkeit des ersten Gebotes,[nota 2] que eles clasifican como un oratorio.[nota 3] Non obstante, como Osborne aclara, o libreto contén acotacións que suxiren que esta obra foi representada, non meramente cantada, e é formalmente descrita como un geistliches Singspiel ("interpretación sacra con música"), non como un oratorio.[11]

Orde cronolóxica[editar | editar a fonte]

En xeral, a lista segue a orde cronolóxica na que as óperas foron compostas. Hai incertidume sobre se La finta semplice foi escrita antes ou despois de Bastien und Bastienne e nalgunhas listas aquela vai diante desta.[12] Thamos, König in Ägypten foi escrita en dous períodos, o primeiro en 1774, pero é listada de acordo á súa data de finalización, 1779–1780. Die Zauberflöte e La clemenza di Tito foron compostas á vez, comezou a compoñer antes Die Zauberflöte e a deixou a un lado polo encargo da composición de Tito,[13] que foi completada e representada primeiro e é normalmente listada como unha obra anterior a pesar de ter un número maior no Catálogo Köchel (Köchel Verzeichnis).

Lista de óperas[editar | editar a fonte]

Número Köchel[nota 4] Ano de composición Título Idioma Tipo de ópera[nota 5] Libretista[nota 6] Partes vocais[nota 7] Detalles da primeira representación[nota 8]
KV 35 1767 Die Schuldigkeit des ersten Gebotes Parte I[14]

Gal: (A obriga do primeiro mandamento)
Partitura

Alemán Singspiel sacro Ignaz von Weiser[15] 3 sopranos, 2 tenores Pazo arcebispal de Salzburgo,

12 de marzo de 1767

KV 38 1767 Apollo et Hyacinthus

Gal: Apolo e Xacinto
Partitura

Latín Arranxo musical dun texto en latín.[16] Rufinus Widl, a partir dunha obra de Metamorfoses de Ovidio 2 sopranos, 2 altos, 1 tenor, 2 baixos, coro[17] Aula Magna, Universidade de Salzburgo,

13 de maio de 1767

KV 50[18] 1768 Bastien und Bastienne

Gal: (Bastián e Bastiana)
Partitura

Alemán Singspiel nun acto F. W. Weiskern e J. H. Muller[19] 1 soprano, 1 tenor, 1 baixo Primeira representación documentada: Architektenhaus, Berlín, 2 de outubro de 1890.

Representación non confirmada en Viena en outubro de 1768 no xardín do doutor Franz Mesmer[20]

KV 51[21] 1768 La finta semplice

Gal: La falsa ingenua
Partitura

Italiano Opera buffa en tres actos Marco Coltellini, a partir dunha obra de Carlo Goldoni 2 sopranos, 1 contralto (ou mezzosoprano), 2 tenores, 2 baixos[22] Pazo arcebispal de Salzburgo,

1 de maio de 1769

KV 87[23] 1770 Mitridate, re di Ponto

Gal: (Mitrídates, rei de Ponto)
Partitura

Italiano Opera seria en tres actos Vittorio Amedeo Cigna-Santi, a partir dunha obra de Giuseppe Parini creada á súa vez a partir dunha obra de Jean Racine 4 sopranos, 1 alto, 2 tenores[24] Teatro Regio Ducale, Milán,

26 de decembro de 1770

KV 111 1771 Ascanio in Alba

Gal: Ascanio en Alba
Partitura

Italiano Festspiel[nota 9][25] en dous actos Giuseppe Parini 4 sopranos, 1 tenor, coro[26] Teatro Regio Ducale, Milán,

17 de outubro de 1771

KV 126 1772 Il sogno di Scipione

Gal: O soño de Escipión
Partitura

Italiano Azione teatrale ou serenata dramática, nun acto Pietro Metastasio, a partir dunha obra de Cicerón 3 sopranos, 3 tenores, coro Residencia do Arcebispo de Salzburgo, probablemente o 1 de maio de 1772[nota 10]
KV 135 1772 Lucio Silla

Gal: Lucio Sila
Partitura

Italiano Dramma per musica en tres actos Giovanni de Gamerra, revisado por Metastasio 4 sopranos, 2 tenores, coro[27] Teatro Regio Ducale, Milán,

26 de decembro de 1772

KV 196 1774 La finta giardiniera

Gal: La falsa xardiñeira
Partitura

Italiano Dramma giocoso en tres actos[28] Probablemente Giuseppe Petrosellini[29] 4 sopranos, 2 tenores, 1 baixo, coro Redoutensaal, Múnic, 13 de xaneiro de 1775
KV 208 1775 Il re pastore

Gal: O rei pastor
Partitura

Italiano Serenata en dous actos Pietro Metastasio, corrixido por Giambattista Varesco[30] 3 sopranos, 2 tenores[31] Pazo arcebispal de Salzburgo, 23 de abril de 1775
KV 345[32] 1773

e 1779

Thamos, König in Ägypten

Gal: Thamos, rei de Exipto
Partitura

Alemán Música incidental. Coros e entreactos para un drama heroico Tobias Philipp von Gebler Coro e solistas: soprano, alto, tenor, baixo Kärntnertor Theatre, Viena 4 de abril de 1774 (2 coros); primera representación completa en Salzburgo, 1779-80
KV 344[33] 1779 Zaide

Gal: Zaida
Partitura

Alemán Singspiel (incompleto) Johann Andreas Schachtner 1 soprano, 2 tenores, 2 baixos, conxunto (mini coro) de 4 tenores, 1 narrador Frankfurt (non hai rexistros sobre o lugar concreto), 27 de xaneiro de 1866. Non foi representada durante a vida de Mozart
KV 366 1781 Idomeneo, re di Creta

Gal: Idomeneo, rei de Creta
Partitura

Italiano Dramma per musica en tres actos Giambattista Varesco, a partir dunha obra de Antoine Danchet 3 sopranos, 1 mezzosoprano, 4 tenores, 1 barítono,2 baixos, coro[34] Teatro da corte (agora Cuvilliés-Theatre), Múnic, 29 de xaneiro de 1781
KV 384 1782 Die Entführung aus dem Serail

Gal: O rapto no serrallo
Partitura

Alemán Singspiel en tres actos Gottlieb Stephanie, baseado nun texto de Christoph Friedrich Bretzner 2 sopranos, 2 tenores, 1 baixo, 2 narradores[35] Burgtheater, Viena, 16 de xullo de 1782
KV 422 1784 L'oca del Cairo

Gal: A oca do Cairo)
Partitura

Italiano Dramma per musica (incompleto) Giambattista Varesco (Provisional) 4 sopranos, 2 tenores, 2 baixos, coro Theatre du Fantaisies-Parisiennes, París, 6 de xuño de 1867

Non representada durante a vida do compositor

KV 430[36] 1784 Lo sposo deluso

Gal: O esposo enganado
Partitura

Italiano Opera buffa (incompleta) Descoñe cido, unha vez foi atribuído a Lorenzo da Ponte.[37] Posiblemente Guiseppe Petrosellini[9][38] (Provisional) 3 sopranos, 2 tenores, 2 baixos Theatre du Fantaisies-Parisiennes, París,

6 de xuño de 1867[39] Non representada durante a vida do compositor

KV 486 1786 Der Schauspieldirektor

Gal: O empresario teatral
Partitura

Alemán Comedia con música nun acto Gottlieb Stephanie 2 sopranos, 1 tenor, 1 baixo, 6 narradores Pazo de Schönbrunn, Viena,

7 de febreiro de 1786

KV 492 1786 Le nozze di Figaro

Gal: As vodas de Fígaro
Partitura

Italiano Opera buffa en catro actos Lorenzo da Ponte, a partir dunha obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais 4 sopranos, 3 mezzosoprano, 2 tenores, 1 barítono, 3 baixos, coro[40] Burgtheater, Viena, 1 de maio de 1786
KV 527 1787 Don Giovanni[nota 11]

Gal: Don Giovanni ou Don Xoán
Partitura

Italiano Dramma giocoso en dous actos Lorenzo da Ponte 3 sopranos, 1 tenor 1 barítono, 3 baixos, coro Teatro Estatal, Praga (tamén coécido como Nationaltheater e Tyl theatre), 29 de outubro de 1787[41]
KV 588 1790 Così fan tutte

Gal: Así fan todas[42]
Partitura

Italiano Dramma giocoso en dous actos Lorenzo da Ponte 3 sopranos, 1 tenor, 1 barítono, 1 baixo, coro Burgtheater, Viena, 26 de xaneiro de 1790
KV 621 1791 La clemenza di Tito

Gal: A clemencia de Tito
Partitura

Italiano Ópera seria en dous actos Pietro Metastasio, revisado por Catterino Mazzolà 2 sopranos, 2 mezzosoprano, 1 tenor, 1 baixo, coro[43] Teatro Estatal, Praga,

6 de setembro de 1791

KV 620 1791 Die Zauberflöte

Gal: A frauta máxica
Partitura

Alemán Singspiel en dous actos Emanuel Schikaneder 6 sopranos, 2 mezzosoprano, 1 alto, 4 tenores, 1 barítono, 4 baixos, coro Theater auf der Wieden, Viena, 30 de setembro de 1791

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Para exemplos das coaccións de Mozart aos libretistas para que refixeran as súas obras, ver Die Entführung aus dem Serail (que cita a correspondencia de Mozart relativa a este punto) e Giambattista Varesco.
  2. Gebotes ou Gebottes son formas arcaicas do actual "Gebots"
  3. Kenyon comeza a súa guía na sección de óperas con Apollo et Hyacinthus (p. 287); Cairns descarta máis ou menos Die Schuldigkeit (p. 24), aparentemente seguindo o punto de vista de Edward J. Dent, citado por Osborne, p. 27. Grove Dictionary of Music and Musicians, tampouco lista Die Schuldigkeit como unha ópera.
  4. O número "KV" é o que aparece no Catálogo Köchel da obra de Mozart, completado en 1862 por Ludwig von Köchel e revisado posteriormente varias veces, a máis recente en 1964.
  5. A non ser que se indique de outro xeito, estas descricións son tomadas das portadas de Neue Mozart-Ausgabe.
  6. A non ser que se indique de outro xeito, os detalles do libretista son tomados de Osborne: The Complete Operas of Mozart
  7. O resumo das partes vocais é tomado de Osborne. As notas adicionais indican os papeis orixinais cantados por castrati.
  8. A non ser que se indique de outro xeito, os detalles da primeira representación son tomados de Osborne
  9. Un Festspielhaus ou Festival teatral é un término en alemán que describe o teatro destinado á ópera, ou para festivais musicais.
  10. Os detalles da primeira representación non están claros. Osborne dá a data "29 de abril ou 1 de maio"; Kenyon, p. 296 di: "Non hai provas de que fora representada en 1772"
  11. O nome completo da ópera é Il dissoluto punito, ossia Il Don Giovanni, mais como Kenyon (p. 326) afirma: "É infrutuoso poñerse en contra de todos os teatros de ópera do mundo".
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 Kenyon, pp. 283-85
  2. 2,0 2,1 Cairns, p. 11
  3. Cairns, p. 17
  4. Osborne, pp. 191-92
  5. Kenyon, p. 302
  6. Por exemplo, o texto de Pietro Metastasio para Il re pastore fora escrito en 1751 e se lle engadiu a música máis tarde. Kenyon, p. 303
  7. Kenyon, p. 308
  8. Citado dunha carta a seu pai, circa 1774, en Holden, p. 15
  9. 9,0 9,1 Segundo algúns estudiosos actuais, o descoñecido poeta italiano responsable dese texto podería ter sido Guiseppe Petrosellini, quen inicialmente o preparou para a ópera de Domenico Cimarosa Le donne rivali de 1780. Dell'Antonio, pp. 404-405 y 415
  10. Rosen 1997, p. 155
  11. Osborne, p. 26
  12. Ambas foron escritas en 1768. A primeira representación de La finta semplice foi retrasada ata maio de 1779, mentres que Bastien und Bastienne pode que fora representada en 1768. Non obstante, é completamente posible que La finta semplice fora escrita primeiro. Ver Osborne, pp. 37-38 e 45
  13. Osborne, p. 300
  14. Parte II é de Michael Haydn, Parte III de Anton Cajetan Adlgasser. Osborne, p. 16
  15. Weiser é o máis provable de todos os posibles autores do texto. Ver Osborne, pp. 24-25
  16. A descrición de Kenyon, p. 288, é "Music for a Latin drama"
  17. Estreada cun reparto íntegramente masculino, as partes para soprano e alto foron cantadas polo coro. Osborne, p. 32
  18. Revisado en 1964 ao KV 46b. "Kochel Catalog of Mozart's works". ClassicalNet. 2008. http://www.classical.net/music/composer/works/mozart/.
  19. O texto é derivado da parodia francesa Les amours de Bastien et Bastienne, da obra de Jean-Jacques Rousseau Le Devin du Village de 1752. Kenyon, p. 291
  20. O douctor Franz Anton Mesmer foi o fundador da forma de hipnoterapia conocida como "mesmerismo". Batta, p. 343
  21. Revisado en 1964 ao KV 46a. "Kochel Catalog of Mozart's works". ClassicalNet. 2008. http://www.classical.net/music/composer/works/mozart/.
  22. O papel de contralto ou mezzo foi creado para Maria Anna Braunhofer, que cantara o papel de soprano na primeira representación de Die Schuldigkeit. Osborne, pp. 13 e 35
  23. Revisado en 1964 ao KV 74a. "Kochel Catalog of Mozart's works". ClassicalNet. 2008. http://www.classical.net/music/composer/works/mozart/.
  24. Os papeis de soprano de Sifares e Arbate, e o alto de Farnaces foron escritos para castrati. Osborne, p. 59
  25. En Italiano se traduciría como festa teatrale (Kenyo, p. 294). Osborne, p. 63, chamado "ópera pastoral".
  26. Os papeis de soprano de Ascanio e Fauno foron escitos para castrati. Osborne, p. 69
  27. O papel de soprano de Cecilio foi escrito para castrato. Osborne, p. 86
  28. Mozart preparou unha vesión en forma de singspiel, Die verstellte Gärtnerin, producida en Augsburgo o 1 de maio de 1780. A versión en alemán, agora coñecida como Die Gärtnerin aus Liebe, permaneceu como música popular. Kenyon, pp. 300-01, Osborne, p. 97
  29. O libreto foi acreditado formalmente a Ranieri de' Calzabigi, revisado por Marco Coltellini, mais actualmente é asignado a Petrosellini. Kenyon, p. 300
  30. Kenyon, p. 303
  31. El papel soprano de Aminta fue escrito para castrato. Osborne, p. 105
  32. Revisado en 1964 ao KV 336a. "Kochel Catalog of Mozart's works". ClassicalNet. 2008. http://www.classical.net/music/composer/works/mozart/.
  33. Revisado en 1964 ao KV 336b. "Kochel Catalog of Mozart's works". ClassicalNet. 2008. http://www.classical.net/music/composer/works/mozart/.
  34. O papel de Idamante, orixinalmente escrito para castrato, foi reescrito por Mozart como un papel para tenor en 1786. (Osborne, p. 155) Tamén o papel de Arbaces é cantado algunhas veces por un tenor.
  35. Un dos narradores, que é un mariñeiro, está ausente nas producións modernas.
  36. Revisado en 1964 ao KV 424a. "Kochel Catalog of Mozart's works". ClassicalNet. 2008. http://www.classical.net/music/composer/works/mozart/.
  37. Osborne, pp. 208-09
  38. Sadie, p. 415
  39. Segundo Osborne, p. 207
  40. Entre os cantantes agudos inclúense dúas sirvientas, ambas sopranos ou unha soprano e outra mezzo, que cantan o dueto "Amanti, costanti" no terceiro acto. Osborne, p. 251
  41. Seis meses antes da estrea en Viena, realizáronse trocos, principalmente para acomodar as tesituras dos diferentes grupos de cantantes. As representacións modernas seguen as producións de Praga e Viena. Osborne, p. 268
  42. O subtítulo, La scola degli amanti, é traducido como A escola dos amantes. Cairns, p. 176; Osborne, p. 281
  43. Un dos papeis de mezzosoprano, o que representa o personaxe de Annio, foi orixinalmente un castrato e agora é representado por mezzos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lista de óperas de Wolfgang Amadeus Mozart

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]