Maria Anna Mozart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Maria Anna Mozart.

Maria Anna Walburga Ignatia Mozart, tamén chamada Nannerl e Marianne, nada o 30 de xullo de 1751 e finada o 29 de outubro de 1829, foi unha famosa música do século XVIII. Era a irmá maior de Wolfgang Amadeus Mozart e filla de Leopold e Anna María Mozart.

Biografía[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Marianne de nena. Retrato presumiblemente de Pietro Antonio Lorenzoni.

Ós 7 anos de idade, o seu pai comezou a ensinalle a tocar instrumentos de teclado e inicialmente semellou ser unha potencial nena prodixio. Leopold levouna xunto co seu irmán en viaxes a moitas cidades, tales como Viena e París, para explotar os seus talentos. Nos seus comezos destacouse como excelente intérprete en clave e piano.

De calquera xeito, dada a opinión dos seus pais, frecuente na sociedade da súa época, facíase imposible que continuara a súa carreira. Durante os anos 1770, mentres Wolfgang triunfaba artísticamente en Italia xunto co seu pai, Marianne debía permencer na súa casa xunto a súa mai. Igualmente tivo que quedarse na casa co seu pai mentres Wolfgang visitaba París e outras cidades (1777-1779) coa súa nai.

Existen evidencias de que Marianne escribiu composicións musicais, como poden ser as cartas de Wolfgang gabando o seu traballo, pero a voluminosa correspondencia de Leopold xamáis menciona algunha das suas composicións, e tampouco sobreviviu ata hoxe ningunha delas.

Matrimonio e maternidade[editar | editar a fonte]

En contraste co seu irmán, quen loitaba co seu pai e finalmente desobedecía os seus desexos respecto a aspectos cruciais (elección de carreira e de esposa), Marianne permencía completamente servil fronte ós desexos do seu pai. Namorouse de Franz D´Ippold, capitán e titor privado, pero foi forzada polo seu pai a desfeitar a súa proposta de matrimonio, a malia os vaos esforzos realizados por Wolfgang de que seguira as súas propias preferencias.

Finalmente contraiu matrimonio o 23 de agosto de 1783 cun maxistrado millonario, Johann Baptist Franz von Berchtold zu Sonnenburg mudouse con el a St. Gilgen, unha vila austríaca a 25 km ó leste de Salzburgo, cidade onde estaba o fogar da familia Mozart. Sonnenburg tiña dous matrimonios anteriores, os cales remataron ó morrer as mulleres, e tiña cinco fillos dos seus matrimonios previos, ós cales Marianne axudou a criar. Tamén deu a luz tres nenos propios: Leopold Alois Pantaleon (17851840), Jeanette (17891805) e Maria Babette (17901791).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]