Teatro Estatal de Praga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 50°05′10″N 14°25′26″E / 50.08611°N 14.42389°E / 50.08611; 14.42389

Teatro Estatal de Praga.

O Teatro Estatal de Praga (checo: Stavovské divadlo) é o teatro localizado en Praga, capital da República Checa, preto do Ovocný trh (Mercado de Froitas). Nel leváronse a cabo importantes estreas de obras teatrais e óperas, como o Don Giovanni de Wolfgang Amadeus Mozart en 1787.

Historia[editar | editar a fonte]

Outra foto do Teatro Estatal de Praga.

O edificio foi construído entre 1781 e 1783 por orde de Franz Anton conde de Nostitz-Rieneck. Foi inaugurado en 1783 cunha presentación de Emilia Galotti de Gotthold Ephraim Lessing. Tamén é coñecido como Teatro Nacional Graeflich Nostitz (Hraběcí Nosticovo národní divad) polo nome do seu arquitecto.

O Böhmischen Stände (o parlamento dos propietarios de terras) mercou o edificio en 1798 e chamárono en diante Královské Stavovské Divadlo (Teatro de Condición Real). En 1859 ampliárono construíndo un andar máis. A partir de 1862 foi usado exclusivamente para as representacións en alemán e por tanto foi renomeado como Teatro Real Alemán (Königlich Deutsches Stadttheater).

En 1920 foi redeseñado e retomou o seu antigo nome Stavovské Divadlo (Teatro Estatal) e funcionou principalmente como sala para as representacións teatrais en checo dos elencos do Teatro Nacional de Praga (Národní divadlo). En 1948 foi redeseñado polo dramaturgo checo Josef Kajetán Tyl e chamado até 1990 Tylovo divadlo, para volver chamarse novamente Stavovské Divadlo.

O edificio foi restaurado entre 1982 e 1990. O teatro é usado para as presentacións de ballet e teatro do Teatro Nacional (Národní divadlo). Tradicionalmente, en recordo das estreas, tamén se presentan óperas de Wolgang Amadeus Mozart.

Estreas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Zdekka Benesová: Das Ständetheater Prag. Geschichte und Gegenwart. Národní Divadlo, Praga 2000, ISBN 80-902183-8-5
  • Harald Salfellner: Mozart und Prag. Vitalis, Praga 2006, ISBN 3-89919-076-9

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]