Alonso Cano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alonso Cano de Almansa

ALONSO CANO (Retratos de Españoles Ilustres, 1791).
Nacemento 19 de marzo de 1601
Lugar de nacemento Granada Andalucía Andalucía
Morte 3 de outubro de 1667
Lugar de morte Granada
Nacionalidade española
Eido Pintura, Escultura, Arquitectura
Movemento Manierismo e Barroco
Traballos
  • Retablo do Altar Maior da Igrexa de Santa María de Lebrija (Sevilla) (1629)
  • Retablo de Nosa Señora da Oliva


Alonso Cano, nado en Granada o 19 de marzo de 1601 e falecido na mesma cidade o 3 de outubro de 1667 foi un pintor, arquitecto e escultor español.

Biografía[editar | editar a fonte]

O seu pai, Miguel Cano, era un prestixioso ensamblador de retablos, de orixe manchega. Con el Alonso aprendeu as primeiras nocións de debuxo arquitectónico e de talla en madeira, comezándose moi cedo a descubrirse o seu enorme talento.

En 1614 trasladouse a Sevilla, onde aprendeu pintura da man de Francisco Pacheco, mestre de Velázquez, e escultura de Juan Martínez Montañés. En 1624, dous anos antes de obter o título de Mestre Pintor, realizou o seu primeiro cadro, un San Francisco de Borxa, coa inconfundíbel pegada de Pacheco. Durante varios anos foi compañeiro de Velázquez, que fixo un seu retrato.

As súas obras foron unha mestura entre o maneirismo italiano e o barroco. Os seus debuxos son do máis destacado da súa obra. Nunha época na que dominaba o tenebrismo, foi quen de ser colorista nos seus traballos, como Zurbarán, Sánchez Cotán e Juan Bautista Mayno.

Rei de España Pintura de Alonso Cano no Museo do Prado

En 1629, realizou a súa obra máis grandiosa: o Retablo do Altar Maior da igrexa de Santa María de Lebrija (Sevilla). Outras das súas pinturas notábeis son Milagro do Pozo, San Francisco de Borja, Retablo do Neno Xesús de Getafe.

En 1627 morre, ao parecer de parto, a súa primeira dona, María de Figueroa, voltando a casar en 1631 con Magdalena de Uceda.

En 1638 trasladouse a Madrid, onde o valido de Filipe IV, o Conde-Duque de Olivares, nomeouno pintor de cámara. Mais só estivo de paso na corte madrileña, onde poido estudar as coleccións reais, nomedamente a pintura veneciana do século XVI.

Como escultor, as sús obras máis famosas son: o retablo de Nosa Señora da Oliva na igrexa de Lebrija e as figuras colosais de San Pedro e San Paulo.

En 1644 a súa esposa morreu asasinada, sendo Alonso acusado de asasinato, feito polo cal sería incluso torturado, aínda que non chegou a ser condenado pois demostrouse que era inocente. Marchou para València, con intención de facerse monxe. En 1652 transladouse a Granada, a súa cidade natal, onde obtivo o cargo de racioneiro da catedral, grazas á colaboración de Filipe IV. Alí completou a decoración da Capela Maior. Porén tivo constantes enfrontamentos cos cóengos de alí. A pesar diso conseguíu pouco despois ser mestre maior da catedral. Cano realiza entón as trazas da súa espléndida fachada principal, de estilo barroco, que aínda se pode contemplar. Malfadadamente, aos dous anos de comezarse as obras, faleceu. Foi enterrado na cripta da mesma catedral.

Durante toda a súa vida foi un quimerista e os seus duelos estiveron sempre á orde do día. Pese a gañar grandes cantidades de diñeiro, andou continuamente endebedado, chegando a pisar o cárcere.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alonso Cano