Tom Heinsohn
| Tom Heinsohn | |
|---|---|
| Tom Heinsohn en 2008 | |
| Posición | Aleiro |
| Dorsal | 15 |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 99 kg (218 lb) |
| Nacemento | 26 de agosto de 1934 (78 anos) |
| Carreira | |
| Tempadas | 1956–1965 |
| NBA Draft | 1956 / Elección: Territorial
Escollido por Boston Celtics |
| Universidade | Holy Cross |
| Equipo(s) | |
|
|
| Estatísticas (NBA) | |
| Puntos | 12 194 |
| Rebotes | 5 749 |
| Asistencias | 1 318 |
| Stats @ Basketball-Reference.com | |
| Premios | |
|
|
| Basketball Hall of Fame como xogador | |
| Adestrador | |
Thomas William Heinsohn, nado o 26 de agosto de 1934 en Jersey City, Nova Jersey, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto membro do Basketball Hall of Fame dado os seus éxitos con Boston Celtics. Como técnico, adestrou dende 1969 a 1978. Actualmente é comentarista durante as retransmisións deportivas dos Celtics nas emisións da CSN New England.
Índice |
Carreira colexial [editar]
Nacido en Jersey City, Tom asistiu ao Instituto St. Michael's na próxima Union City. Aceptou unha bolsa do Colexio de Holy Cros e converteuse no máximo anotador do colexio con 1.789 puntos, cunha media de 22,1 por partido. Durante o seu ano senior, anótó nun encontro contra Boston College 51 puntos, tamén unha marca.
Carreira profesional [editar]
En 1956, Heinsohn asinou por Boston Celtics. Na súa primeira tempada, foi All-Star, Rookie do Ano e gañou o anel. Formou parte do mítico cadro dos Celtics que gañou oito campionatos en nove anos. Na historia da NBA, só os seus compañeiros Bill Russell e Sam Jones gañaron máis aneis. En toda a súa carreira, Heinsohn foi seleccionado para disputar o All-Star en seis ocasiones. O día da retirada do seu compañeiro de equipo Bob Cousy, Heinsohn anotou o seu punto 10.000. En 1966, foi retirado o seu dorsal 15.
Carreira de adestrador [editar]
Tras retirarse, converteuse no adestrador dos Celtics. Durante a campaña 1972-73, liderou ao seu equipo a unha marca de 68-14 e foi nomeado Adestrador do Ano. A tempada seguinte e en 1976, Heinsohn e os Celtics gañaron o campionato.
Títulos [editar]
- Rookie do Ano da NBA de 1957
- Seis veces All-Star
- Adestrador do Ano da NBA de 1973
- Basketball Hall of Fame (como xogador, en 1986)