Juan Diego (actor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Diego

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Diego Ruiz Moreno Editar o valor em Wikidata
14 de decembro de 1942 Editar o valor em Wikidata
Bormujos, España Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 2022 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJuan Diego Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor de cinema , activista político , actor de televisión , actor de teatro , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor em Wikidata - 2022 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 de outubro de 2017Andalucía polo diálogo Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0225921 Find a Grave: 239280072 Editar o valor em Wikidata

Juan Diego Ruiz Moreno, nado en Bormujos (Sevilla) o 14 de decembro de 1942, e finado en Madrid o 28 de abril de 2022,[1] foi un actor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Juan Diego declarou que pasou unha infancia feliz e completamente normal. Aínda que sempre se sentiu identificado coa súa vila, de mozo decidiu estudar en Sevilla para evitar dedicarse ás faenas do campo.[2] A súa temperá vocación interpretativa cobrou forma en 1957, cando subiu por vez primeira a un escenario.

Tres anos máis tarde interpretou en Sevilla Á espera de Godot, de Samuel Beckett, un traballo polémico que cimentou o seu prestixio entre a crítica. Ampliou a súa formación no Conservatorio de Música e Declamación, estudos que lle permitiron entrar en contacto con Televisión Española (TVE). Interveu nunha gran cantidade de programas da televisión, entre telenovelas, producións dramáticas e o popular Estudio 1. Esta experiencia permitiulle coñecer a fondo as táboas e familiarizarse cos estamentos da profesión.[2]

Tamén de novo tomou conciencia política e comezou a militar na Frente de Estudiantes Sindicalistas, que era a rama xuvenil do falanxismo disidente, que despois deu orixe á Falange Independiente. Porén, como outros militantes dese ambiente, acabou derivando cara a unha militancia no Partido Comunista de España (PCE), entón clandestino.

En 1975 foi un dos líderes da folga de actores que reivindicaba a redución da xornada laboral para os intérpretes teatrais. Ese mesmo ano apareceu xunto a Ana Belén no filme La criatura de Eloy de la Iglesia, con quen xa colaborara en Algo amargo en la boca (1969), e participou no primeiro filme de Francisco Rodríguez, La casa grande, que participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín.[3]

Na década seguinte interveu en Los santos inocentes (Mario Camus, 1984). Foi entón cando consolidou a súa carreira no cinema. A súa interpretación como o intrigante capuchino de El rey pasmado (1991), valeulle o seu primeiro premio Goya. A mediados da década de 1990 diminuíu a súa actividade cinematográfica, centrándose na súa carreira teatral.

Juan Diego e o resto do elenco da serie Los hombres de Paco.

En 1999 produciuse o seu regreso ao cinema con París-Tombuctú, en que daba vida a un anarquista que andaba espido polas rúas do lugar. Asunción Balaguer e Liberto Rabal anunciaron que o intérprete gañara o seu segundo Goya, que recolleu o director Luis García Berlanga, agradecéndolle que fose o "único actor que tivo as pelotas de saír en pelotas".

En 2002 Juan Diego regresou á televisión para porse ás ordes de Benito Zambrano en Padre Coraje, papel polo que obtivo o premio da Unión de Actores. Na gala de entrega, os candidatos berraron ao unísono "non á guerra", rexeitando a decisión de George W. Bush de iniciar a guerra de Iraq. O propio Juan Diego lera manifestos na Porta do Sol acompañado de María Barranco e Juan Diego Botto, chegando a atender no escenario un manifestante ferido pola policía.

En 2005 comezou a popular serie Los hombres de Paco, que durou ata 2010, nela actuou xunto cos actores Paco Tous, Pepón Nieto, Hugo Silva e Adriana Ozores.

Filmografía parcial[editar | editar a fonte]

Ano Filme Director
2019 A pesar de todo Gabriela Tagliavini
2016 No sé decir adiós Lino Escalera
2014 Anochece en la India Chema Rodríguez
2012 Todo é silencio José Luis Cuerda
2012 30 años de oscuridad Manuel H. Martín
2011 23-F: la película Chema de la Peña
2010 Lope Andrucha Waddington
2010 Que se mueran los feos Nacho G. Velilla
2009 Rose et noir Gérard Jugnot
2007 Casual Day Max Lemcke
2007 Fuerte Apache Jaume Mateu Adrover
2006 Vete de mí Víctor García León
2006 El camino de los ingleses Antonio Banderas
2006 Remake Roger Gual
2006 El triunfo Mireia Ros
2006 Pobre juventud Miguel Jiménez
2004 María querida José Luis García Sánchez
2004 El séptimo día Carlos Saura
2004 Noviembre Achero Mañas
2004 Torapia Karra Elejalde
2004 A vida que che espera Manuel Gutiérrez Aragón
2003 Torremolinos 73 Pablo Berger
2003 Una pasión singular Antonio Gonzalo
2002 La virgen de la lujuria Arturo Ripstein
2002 Smoking Room Roger Gual e Julio D. Wallovits
2000 Fugitivas Miguel Hermoso
2000 You're the One (una historia de entonces) José Luis Garci
1999 El invierno de las anjanas Pedro Telecha
1999 París-Tombuctú Luis García Berlanga
1999 Entre las piernas Manuel Gómez Pereira
1998 Yerma Pilar Tavora
1997 La novia de la media noche Antonio Simón
1993 Tirano Banderas José Luis García Sánchez
1992 El beso del sueño Rafael Moreno Alba
1992 Jamón, jamón Bigas Luna
1991 El rey pasmado Imanol Uribe
1991 Martes de carnaval Fernando Bauluz e Pedro Carvajal
1991 La noche más larga José Luis García Sánchez
1991 Cabeza de Vaca Nicolás Echevarría
1989 La noche oscura Carlos Saura
1988 Pasodoble José Luis García Sánchez
1987 Jarrapellejos Antonio Giménez Rico
1987 Laura, del cielo llega la noche Gonzalo Herralde
1987 Los negros también comen Mario Ferreri
1986 El hermano bastardo de Dios Benito Rabal
1986 Dragon Rapide Jaime Camino
1986 El viaje a ninguna parte Fernando Fernán Gómez
1985 Los paraísos perdidos Basilio Martín Patino
1985 De tripas corazón Julio Sánchez Valdés
1984 Los santos inocentes Mario Camus
1977 La criatura Eloy de la Iglesia
1975 El Love Feroz o Cuando los hijos juegan al amor José Luis García Sánchez
1970 El demonio de los celos Ettoro Scola
1969 Algo amargo en la boca Eloy de la Iglesia
1966 Fantasía... 3 Eloy de la Iglesia

Premios[editar | editar a fonte]

Ano Premios Categoría Filme Resultado
1986 Premios Goya Mellor actor protagonista Dragon Rapide Nomeado
1986 Fotogramas de Prata Mellor actor de cinema Dragon Rapide
El hermano bastardo de Dios
El viaje a ninguna parte
Nomeado
1988 Fotogramas de Prata Mellor actor de cinema Así como habían sido
Jarrapellejos
Pasodoble
Nomeado
1989 Premios Goya Mellor actor protagonista La noche oscura Nomeado
1991 Premios Goya Mellor actor secundario El rey pasmado Gañador
1991 Fotogramas de Prata Mellor actor de cinema El rey pasmado
La noche más larga
Martes de carnaval
Nomeado
1992 Premios da Unión de Actores Mellor actor protagonista de teatro No hay camino al paraíso, nena Gañador
1999 Premios Goya Mellor actor secundario París-Tombuctú Gañador
1999 Fotogramas de Prata Mellor actor de teatro El lector por horas Nomeado
2000 Premios Goya Mellor actor secundario You're the One (una historia de entonces) Nomeado
2000 Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actor secundario Fugitivas Nomeado
2000 Premios Max Mellor actor protagonista El lector por horas Gañador
2001 Premios da Academia da Televisión de España Mellor interpretación masculina Padre Coraje Gañador
2002 Fotogramas de Prata Mellor actor de televisión Padre Coraje Nomeado
2002 Premios da Unión de Actores Mellor actor protagonista de televisión Padre Coraje Gañador
2002 Festival de Cinema Español de Málaga Biznaga de Prata ao mellor actor Smoking Room Gañador
2002 TP de Ouro Mellor actor de televisión Padre Coraje Nomeado
2003 Premios Goya Mellor actor secundario Torremolinos 73 Nomeado
2004 Premios Goya Mellor actor secundario El séptimo día Nomeado
2004 Premios da Unión de Actores Mellor actor secundario de cinema El séptimo día Nomeado
2004 Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actor secundario El séptimo día Gañador
2005 Fotogramas de Prata Mellor actor de teatro El pianista Nomeado
2006 Premios Goya Mellor actor protagonista Vete de mí Gañador
2006 Fotogramas de Prata Mellor actor de cinema Vete de mí Gañador
2006 Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actor Vete de mí Nomeado
2006 Festival de Cinema Español de Málaga Biznaga de Prata ao mellor actor El triunfo
Remake
Gañador
2006 Premios da Unión de Actores Mellor actor protagonista de cinema Vete de mí Gañador
2006 Festival Internacional de Cine de Donostia Cuncha de Prata ao mellor actor Vete de mí Gañador
2008 Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actor Casual Day Gañador
2009 Fotogramas de Prata Mellor actor de televisión Los hombres de Paco Gañador
2009 Festival de Cinema Español de Málaga Premio Málaga Gañador
2010 Premios da Unión de Actores Mellor actor secundario de cinema Lope Nomeado
2011 Premios Goya Mellor actor secundario 23-F: la película Nomeado
2013 Fotogramas de Prata Toda unha vida Gañador
2014 Festival de Cinema Español de Málaga Biznaga de Prata ao mellor actor Anochece en la India Gañador
2017 Festival de Cinema Español de Málaga Biznaga de Prata ao mellor actor secundario No sé decir adiós Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agencia France Press (28 de abril de 2022). "Fallece el reconocido actor español Juan Diego". La Razón: la revista (Madrid). Consultado o 28 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Biografías y Vidas. "Juan Diego". Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 
  3. Nomeamentos e premios de La casa grande en IMDb.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]