Los hombres de Paco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los hombres de Paco

Os tres policías, Lucas, Paco e Mariano
FormatoComedia
Creado porDaniel Écija
Álex Pina
IntérpretesPaco Tous
Pepón Nieto
Michelle Jenner
Juan Diego
Laura Sánchez
Fede Celada
Carlos Santos
Neus Sanz
Enrique Martínez
Mario Casas
Cristina Plazas
Miguel De Lira
Aixa Villagrán
Tema de aperturaPignoise
País de orixeEspaña
Episodios117
Produción
Duración70 min
Emisión orixinal
Canle de orixeTelecinco
Primeiro episodio9 de outubro de 2005
Derradeiro episodio19 de maio de 2010
Na rede
http://www.antena3.com/series/los-hombres-de-paco/ e https://www.atresplayer.com/antena3/series/los-hombres-de-paco/
IMDB: tt0475464 Filmaffinity: 467143 Allocine: 4440 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Los hombres de Paco foi unha serie de televisión española producida por Globomedia e emitida pola canle de televisión Antena 3 entre o 9 de outubro de 2005 e o 19 de maio de 2010. A súa liña argumental xira ao redor das vivencias de tres policías nacionais (Paco, Lucas e Mariano) algo torpes pero honrados, e as súas relacións persoais, profesionais e familiares.

A serie, ademais de ser a primeira serie de comedia baseada no corpo nacional de policía, é unha das primeiras producións españolas en abordar en certo xeito o coñecido como humor negro.

Elenco[editar | editar a fonte]

Falecidos na serie[editar | editar a fonte]

Abandonaron a serie[editar | editar a fonte]

Escenarios[editar | editar a fonte]

A comisaría[editar | editar a fonte]

É o núcleo principal e onde ten lugar a maior parte da acción. É a segunda casa dos protagonistas, un lugar que se ve desbordado por un volume desproporcionado de casos. Conta con sala de interrogatorios e recoñecementos, despachos, calabozo, departamento científico e dous sotos.

A casa de Paco[editar | editar a fonte]

Na vivenda, próxima á comisaría, conviven Paco, Lola e Sara; a típica familia española chea de conflitos e bos momentos, que che farán rir a gargalladas; e máis tarde; Paco, Mariano e Don Lorenzo, tras un conflito de Paco con Lola, ela decide irse a outra provincia de España, e Paco ao sentirse tan só invita o seu mellor amigo e o seu "ex-sogro" a vivir consigo, sen dúbidas unha unión excepcional algunhas veces chea de problemas, conflitos e enredos que che farán pasalo do mellorciño. A pesar de ser un modesto piso, sempre está cheo de xente. Conta cun patio común que estrema co apartamento de Lucas e Mariano, e máis tarde de Lucas e Sara, co bar "Los Cachis" e coa casa de Povedilla.

Los Cachis / Lizarrán[editar | editar a fonte]

É o bar onde habitualmente almorzan e toman petiscos os oficiais da comisaría e compañeiros próximos, ademais de realizar eventos familiares e mini-concertos de Pignoise. A muller de Paco, Lola, era a dona do bar. A consecuencia da súa marcha a Barcelona, vendeu o bar a Leo, actual camareira. Esta remodelou o bar recentemente, simulando unha franquía de restaurantes Lizarrán, ofrecendo un aspecto moito máis moderno e actual.

Capítulos e audiencias[editar | editar a fonte]

Tempada Capítulos Espectadores Share
Primeira 1-13 3 518 000 20,5%
Segunda 14-27 3 421 000 20,8%
Terceira 28-40 4 019 000 23,0%
Cuarta 41-53 3 565 000 21,7%
Quinta 54-66 3 429 000 20,6%
Sexta 67-79 3 216 000 19,0%
Sétima 80-92 2 914 000 16,4%
Oitava 93-104 2 692 000 16,6%
Novena 105-117 1 827 000 11,4%
Total 117 3 178 000 19,0%

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]