Manuel Gómez Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Gómez Pereira, nado en Madrid en 1953, é un director de cine e guionista español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Empezou os seus estudos de Arquitectura, mais abandonounos tempo despois para iniciar a carreira de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. É sobriño do director de cine Luis Sanz.

Desde 1973 estivo colaborando en longametraxes de directores como José Luis García Sánchez, Fernando Colomo ou Antonio Mercero.

En 1979 dirixiu a película Nos va la marcha canda Manu Berástegui e Raimundo García.

En 1991 dirixiu a súa primeira película en solitario, Salsa rosa, facendo de guionista canda Joaquín Oristell, Yolanda García Serrano e Juan Luis Pérez Iborra.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
2009 El juego del ahorcado
2005 Reinas
2004 Cosas que hacen que la vida valga la pena
2004 ¡Hay motivo!
2001 Desafinado
1999 Entre las piernas
1996 El amor perjudica seriamente la salud
1995 Boca a boca
1994 Todos los hombres sois iguales
1993 ¿Por qué lo llaman amor cuando quieren decir sexo?
1992 Salsa rosa
1979 Nos va la marcha

Galardóns[editar | editar a fonte]

Premios Godoy

Ano Categoría Película Resultado
2001 Premio Godoy á peor película Desafinado Gañador
2005 Premio Francisco de Paula ao mellor guión ¡Hay motivo! Candidato

Premios Goya

Ano Categoría Película Resultado
1992 Mellor dirección novel Salsa rosa Candidato
1994 Mellor guión orixinal Todos los hombres sois iguales Gañador
1995 Mellor guión orixinal
Mellor director
Boca a boca Candidato
2004 Mellor documental ¡Hay motivo! Candidato

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]