Martes de carnaval (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Martes de carnaval
Ficha técnica
Título orixinalMartes de carnaval
DirectorFernando Bauluz e Pedro Carvajal
ProdutorJaime Fernández-Cid
GuiónPedro Carvajal, Federico Llano e Xoán de Espadañedo
IntérpretesFernando Guillén, Elisa Montés, Miguel Molina, Juan Diego, Ángela Molina, Laura Ponte Santasmarinas, Dorotea Bárcena
MúsicaManuel Balboa
FotografíaTote Trenas
Estrea20 de xuño de 1991
Duración92 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroIntriga, fantástica

Martes de carnaval é unha película española rodada en Galicia, dirixida por Fernando Bauluz e Pedro Carvajal, e estreada en 1991.

Argumento[editar | editar a fonte]

"Hoxe, Martes de carnaval, os cigarróns espreitan. Non se deixen levar pola súa danza de bestas en celo, porque cando se dean conta de que bailan ao son da morte, será tarde", escoita o escritor na radio ao empezar un día que pode ser fatal para el. Na súa vella casa de aldea galega trata de fuxir do fracaso matrimonial, do alcol e da falta de inspiración. O encontro cos cigarróns, inquietantes máscaras, provócalle estraños soños e abre as lembranzas dese outro Martes de Carnaval da súa xuventude que lle marcou o destino. Tamén hoxe debe acabar un relato sobre quen máis o amolan: a súa exmuller, o seu editor e a ama que o coida.

Elenco[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]