Festival de Málaga de Cine Español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival de Málaga
Festival de Malaga 2009.jpg Alfombra vermella durante a duodécima edición.
Creación: 1998
Lugar: Málaga, España España
Galardón: Biznaga de Ouro
Director: Juan Antonio Vigar
Orzamento: 2,581,000 € (2013)
Sedes: Teatro Cervantes
Cine Albéniz
Teatro Echegaray
Web:  www.festivaldemalaga.com 

O Festival de Málaga, oficialmente Festival de Málaga Cine Español (FMCE), é unha mostra cinematográfica celebrada anualmente en Málaga, España.

Ademais de proxectar as estreas máis relevantes do ano do cine español, prémianse as mellores películas do ano e concédense galardóns honoríficos. O galardón principal é a Biznaga de Ouro.

Historia[editar | editar a fonte]

O Festival de Málaga de Cine Español nace en 1998 e en cada unha das súas edicións mantivo como obxectivo favorecer a difusión e promoción da cinematografía española, reunindo cada ano aos diferentes sectores da industria cinematográfica, xerando foros, debates e encontros co fin de analizar os avances e as necesidades do cine español, como escaparate para o traballo dos profesionais do sector audiovisual.

O Festival de Málaga mostra cine español inédito en longametraxes, curtametraxes e documentais, con eventos significados como Mercadoc, Mercado do Documental Español e Iberoamericano; Málaga Screenings, Mercado da Longametraxe Española; TV Market, Mercado da ficción e animación españolas para televisión; Málaga Audiovisual, representación do audiovisual de Málaga en Mercadoc e Market Screenings; Zonazine, longametraxes, curtametraxes e ciclos para o público novo.

O Festival consolidouse como a principal plataforma e evento da industria cinematográfica de España, e trátase dun acontecemento cultural de primeira magnitude con gran asistencia de público, que cada ano recibe un ampla cobertura de medios de comunicación, tanto nacionais como internacionais, principalmente do mundo castelanfalante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Festival de Málaga de Cine Español