Chuvia, vapor e velocidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rain Steam and Speed the Great Western Railway.jpg
Rain, Steam, and Speed -
The Great Western Railway
J.M.W. Turner, 1844
óleo sobre lenzo
91 × 121,8 cm
National Gallery, Londres

Chuvia, vapor e velocidade. O gran ferrocarril do Oeste (en inglés, Rain, Steam, and Speed – The Great Western Railway) é un coñecido cadro do pintor romántico británico Joseph Mallord William Turner.[1] Trátase dun óleo sobre tea que mide 91 centímetros de alto por 121,8 centímetros de largo. Actualmente atópase na National Gallery de Londres (Reino Unido).

Historia e características[editar | editar a fonte]

Esta pintura foi exhibida por vez primeira na Royal Academy en 1844, aínda que puido ser pintada con anterioridade. A data é significativa porque os ferrocarrís eran aínda algo novo. A diferenza doutros pintores da época, que desprezaban a industrialización e non vían no progreso industrial temas merecedores de tratamento pictórico, Turner admiraba a técnica moderna e por iso pinta a locomotora máis moderna do seu xénero e a entón vangardista ponte de Maidenhead[2].

O gran ferrocarril do Oeste (GWR, sigla do seu nome en inglés) foi un dunha serie de compañías de ferrocarril británicas privadas creadas para desenvolver este novo medio de transporte. O propósito do GWR foi inicialmente conectar Bristol con Londres; o seu enxeñeiro xefe era Isambard Kingdom Brunel.

A localización da pintura é, segundo acéptase xeralmente, a ponte chamada Maidenhead Railway Bridge, sobre o río Támesis entre Taplow e Maidenhead[3]. A vista está mirando cara ao leste, cara Londres. A ponte foi deseñada polo enxeñeiro Brunel e completada en 1838. A liña dende Paddington en Londres a Taplow inaugurouse en 1838.

Turner realizou apuntes do natural e logo creou o cadro no seu obradoiro.

Pinta a un tren que corre ao longo das vías. A paisaxe está definida moi vagamente, como en moitas outras obras de Turner, feito que leva ao soado crítico Francesco Arcangeli a relacionar a obra do pintor co informalismo de Jackson Pollock.

Na súa tea recurriu a unha luz moi intensa que transmite máis a emoción que a realidade obxectiva. Así logra crear a atmosfera que pretende, máis que ofrecer unha representación verídica.[3] A través de empastes lógrase reflectires o fume do ferrocarril e o mesmo aire.

Os elementos sólidos (o tren, a ponte) apenas están insinuados, desaparecen na atmosfera neblinosa e irreal do cadro. Difuminanse e mesturan a neblina que exhala a auga, a choiva que pon un veo ante o ceo e o vapor da locomotora.[2]

Turner empregaba unha técnica particular coa que obtiña efectos lumínicos cambiantes.[3] Aplicaba as cores rabuñándoos ata extraer esquemáticamente do fondo as formas figurativas.[2]Co súa particular técnica obtivo unha textura inconfundible.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gerald E. Finley, Angel in the Sun: Turner's vision of history, 1999, McGill-Queen's Press, ISBN 0-7735-1747-2
  2. 2,0 2,1 2,2 Bárbara Eschenburg e Ingeborg Güssow, «El Romanticismo y el Realismo » en Los maestros de la pintura occidental, Taschen, 2005, pág. 470, ISBN 3-8228-4744-5
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 L. Cirlot (dir.), National Gallery, Col. «Museos del Mundo», Tomo 1, Espasa, 2007. ISBN 978-84-674-3804-8, pp. 186-187

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]