Joseph Louis Lagrange
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa astronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Joseph Louis Lagrange, nado o 25 de xaneiro de 1736 en Turín e finado o 10 de abril de 1813 en París, foi un matemático, físico e astrónomo italiano que despois viviu en Prusia e Francia. Lagrange traballou para Federico II de Prusia, en Berlín, durante vinte anos. Demostrou o teorema do valor medio ou teorema de Lagrange, desenvolveu a mecánica lagrangiana e tivo unha importante contribución en astronomía.