Jean-Baptiste Joseph Fourier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Baptiste Joseph Fourier
Joseph Fourier.jpg
Jean-Baptiste-Joseph Fourier
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 21 de marzo de 1768
Lugar: Auxerre, Francia
Falecemento: 16 de maio de 1830 (62 anos)
Lugar: París, Francia
Organización:
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Prefecto de Isère
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Matemático e físico
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Jean-Baptiste-Joseph Fourier, nado o 21 de marzo de 1768 en Auxerre, finado o 16 de maio de 1830 en París, foi un matemático e físico francés coñecido polos seus traballos sobre a descomposición de funcións periódicas en series trigonométricas converxentes chamadas Series de Fourier, método co cal conseguiu resolver a ecuación da calor. A transformada de Fourier recibe o nome na súa honra. Foi o primeiro en dar unha explicación científica ao efecto invernadoiro nun tratado. Dedicóuselle un asteroide que leva o seu nome, descuberto en 1992.

Vida[editar | editar a fonte]

Estudou cos beneditinos na Escola Superior de Auxerre, pero abandonou o seu camiño monástico para centrase no estudo das ciencias.

Participou na revolución francesa e, grazas á caída do poder de Robespierre, salvouse de ser guillotinado. Incorporouse á Escola Normal Superior de París, onde tivo entre os seus profesores a Joseph-Louis Lagrange e Pierre-Simon Laplace. Posteriormente, ocupou unha cátedra na Escola Politécnica.

Fourier participou na expedición de Napoleón a Exipto en 1798. Nomeado secretario perpetuo do instituto de Exipto o 22 de agosto de 1798, presenta numerosas memorias e dirixe unha das comisións de exploración do Alto Exipto. Entre as distintas funcións políticas ou administrativas que levou a cabo, destaca a de comisario francés no Divan. Á morte do Xeneral en Xefe do Exército de Oriente Jean Baptiste Kléber a mans dun fanático sirio na súa residencia no Cairo, Jean-Baptiste Joseph Fourier, amigo e colaborador do Xeneral Kléber, é quen pronuncia o eloxio fúnebre, o 17 de xuño diante do Instituto de Exipto. Ao seu regreso a Francia en 1801, Napoleón noméao prefecto de Isère entre 1802 e 1815. Fourier presenta a Jean-François Champollion aos veteranos da expedición de Exipto.

Entrou na Academia de Ciencias Francesa en 1817 e ao cabo de cinco anos converteuse no secretario perpetuo das seccións de matemáticas e física.

Traballos[editar | editar a fonte]

Busto de Fourier en Grenoble

Foi en Grenoble onde centrou os seus experimentos sobre a propagación da calor que lle permiten modelar a evolución da temperatura a través de series trigonométricas. Estes traballos melloraron o modelado matemático de fenómenos físicos e contribuíron aos fundamentos da termodinámica.

Mais a simplificación excesiva que propoñen estas ferramentas foi moi debatida, principalmente por Pierre-Simon Laplace e Joseph-Louis Lagrange.

Redacta o prefacio histórico da obra Description de l'Egypte e publica en 1822 a súa famosa Théorie Analytique de la Chaleur (Teoría Analítica da Calor). Seguidor da teoría matemática da condución da calor. Estabeleceu a ecuación diferencial parcial que goberna a difusión da calor solucionándoo polo uso de series infinitas de funcións trigonométricas. Nisto introduce a representación dunha función como unha serie de senos e cosenos, agora coñecidas como as series de Fourier.

O traballo de Fourier prové o ímpeto para máis tarde traballar en series trigonométricas e a teoría das funcións de variables reais.

Outro traballo importante de J. Baptiste J. Fourier foi o método de eliminación para a solución dun sistema de desigualdades, teoría moi usada actualmente para programación linear.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jean-Baptiste Joseph Fourier
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Jean-Baptiste Joseph Fourier