Mecánica celeste
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A mecánica celeste é a parte da astronomía que estuda o movemento dos corpos celestes e as leis que o rixen. Aplícanse os principios da física coñecidos como mecánica clásica (lei da gravitación universal de Isaac Newton). Estuda o movemento dos corpos, coñecido como problema de Kepler, o movemento dos planetas ao redor do Sol, dos seus satélites e o cálculo das órbitas de cometas e asteroides.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa astronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |