Conversa:José Luis Rodríguez Zapatero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O artigo é descaradamente pro ZP, a ver se alguén pode axudar a neutralizalo. --Norrin_strange (Fala-me) 12:22, 7 xullo 2009 (UTC)

¿Hai algunha maneira de poñer o cadro a dereita como é o normal?--Carronada 23:03, 13 de abril de 2010 (UTC)

Eu véxoo á dereita. Igual é cosa dos navegadores, e de que o novo modelo de Políticos non é compatible de todo con algún. --Alberte Si, dígame? 23:25, 13 de abril de 2010 (UTC)
Está á dereita. Como estivo sempre. Xoacas(non che sinto?) 23:28, 13 de abril de 2010 (UTC)

Pois eu o teño a esquerda, antes de que empece o artigo, teño o cadro primeiro e despois o artigo, cousa rara.--Carronada 23:30, 13 de abril de 2010 (UTC) Pásame o mesmo co de Aznar.--Carronada 23:30, 13 de abril de 2010 (UTC)

[editar] 77.º Presidente do Goberno de España

77.º Presidente do Goberno de España

Creo que está afirmación é de todo irreal, normalmente un xefe de goberno é escollido por eleccións ou se imos moi atrás nos séculos, eran escollidos por cortes ou institucións semellantes, pero no caso de España, chea de ditaduras e monarquías absolutas, dicir que houbo 77.º presidentes é unha animalada, tendo en conta que España coma estado só ten pouco máis de 500 anos. Tamén deixei anotado algunha crítica na Presidente do Goberno de España, que esquece os presidentes da República.--Xabier Cancela (fálame 19:07, 22 de maio de 2010 (UTC)

O número non o poñemos nós, se a bibliografía considera que Zapatero é o 77 presidente do goberno pois hai que aceptalo, presidentes de goberno son todos, tanto o dun goberno democrático como o do autoritario, unha enciclopedia non pode mudar o cargo dunha persoa porque non nos guste como foi escollida.--Kamakic 19:46, 22 de maio de 2010 (UTC)

Presidente é a persoa que preside. Eu concordo con Kamakic, nós non decidimos. Xoacas(non te me poñas así) 20:15, 22 de maio de 2010 (UTC)

  • ¿Que fonte dá a cifra de 77 presidentes?. Na web da Moncloa hai unha relación cronolóxica de presidentes, desde 1823 a hoxe: son 174 presidentes, e se eliminamos repetidos (presidentes que o foron en máis dunha ocasión e/ou lexislatura) quedan 102 nomes (persoas diferentes). Pedro --Lameiro (conversa) 22:33, 22 de maio de 2010 (UTC)

[editar] Zapatero e a memoria histórica

Esta sección é impresentable. Sen paliativos. É descaradamente parcial e cheo de opinións entre liñas (mandou retirar en plena noite e en catimini -dito dúas veces-, os aliados políticos do PSOE van máis lonxe, Cara a esta recuperación xulgada unilateral e maniche da memoria histórica española, Segundo varios historiadores, as decisións de Zapatero son un absurdo, etc. etc.). Dicir que o Valle dos Caídos é "lugar tamén de memoria das vítimas dos aliados de esquerda" é canto menos ofensivo, á par de falso de toda falsedade.

Tamén, aínda que me importa menos, non pinta nada no artigo sobre Zapatero xa que a recuperación da memoria histórica soborda a puntualidade de quén fose Presidente nese momento. Por outra banda, está chea de erros ortográficos. Eu borraría toda esta sección, directamente. Conste que o artigo Memoria histórica é ben cativo, triste e sorprendentemente. Pedro --Lameiro (conversa) 22:17, 22 de maio de 2010 (UTC)

Pedro, borra a gusto. Iso é un despropósito. --Atobar (conversa comigo) 23:00, 22 de maio de 2010 (UTC)
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas