Sonsoles Espinosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sonsoles Espinosa xunto ao seu esposo José Luis Rodríguez Zapatero, ex-presidente do Goberno de España.

Sonsoles Espinosa Díaz, nada en Ávila o 8 de novembro de 1961, é a esposa de José Luis Rodríguez Zapatero, presidente do Goberno de España desde 2004 ata o 20 de decembro de 2011 e secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español.

Biografía[editar | editar a fonte]

Filla de militar, licenciada en dereito pola Universidade de León, coñeceu nesta cidade ao seu esposo en 1981. A parella contraeu matrimonio o 27 de xaneiro de 1990. Froito deste son dúas fillas, Laura e Alba.

Profesional da música, impartiu clases desta disciplina nun colexio privado de León, o Colegio Leonés. Foi membro do coro universitario desta cidade. Ao ser elixido Rodríguez Zapatero secretario xeral do PSOE ambos trasladaron o seu domicilio a Madrid, a capital de España. Grazas á práctica da música vocal tamén en Madrid permanece en contacto co mundo artístico. No coro do Teatro Real desempeñou funcións de soprano substituta. Con posterioridade, foi tamén contratada polo coro de RTVE.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ana Botella
Escudo de España.svg
Parella do Presidente do Goberno de España

2004 - 2011
Sucesor:
Elvira Fernández Balboa