Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de maio de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacamposanto de San Isidro Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Ambassador of Spain to the United Kingdom (en) Traducir
1951 – 1958
← José Ruiz de Arana y Bauer (pt) TraducirJosé Fernández-Villaverde (pt) Traducir →
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946
Embaixador
Alcalde de Xerez da Fronteira
Gobernador civil da provincia de Madrid
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , avogado , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS Editar o valor em Wikidata
Membro de
Orde de Santiago (1928–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDucado de Primo de Rivera
Marquess of Estella (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaFamily Primo de Rivera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMargarita de Lazales
PaisMiguel Primo de Rivera Editar o valor em Wikidata  e Casilda Sáenz de Heredia Editar o valor em Wikidata
IrmánsPilar Primo de Rivera, Fernando Primo de Rivera y Sáenz de Heredia (pt) Traducir, José Antonio Primo de Rivera e Carmen Primo de Rivera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Primo_de_Rivera_y_Sáenz_de_Heredia-4

Miguel Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nado en Madrid o 11 de xullo de 1904 e finado o 8 de maio de 1964, foi Ministro de Agricultura de España durante o franquismo. Irmán de José Antonio Primo de Rivera e II duque de Primo de Rivera e IV marqués de Estella.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi licenciado en Dereito pola Universidade Central de Madrid, pero inscribíndose no Colexio de avogados de Cádiz.[1]

Chegou a alcanzar o grado de capitán de complemento da Arma de Cabalería.

En 1930 acompañou ao seu pai, o xeneral Primo de Rivera cando se exiliou en París ata que se produciu o seu falecemento. Regresou a España, onde colaborou co seu irmán José Antonio nas eleccións de 1933 e este mesmo ano ingresou por primeira vez no cárcere, a consecuencia dun acto de propaganda en Puerto Real. En 1934 foi nomeado xefe da primeira liña de Falange Española na provincia de Cádiz, contando co carné número un de Xerez da Fronteira. Implicouse nos actos do partido na súa demarcación e fóra dela durante a campaña electoral do 1936, sendo pouco despois detido, ingresando na prisión de Cuenca. Trasladado a Madrid o 1 de maio, sufriu cativerio co seu irmán José Antonio e outros falanxistas. Ambos foron trasladados o 5 de xuño a Alacant, acompañando ao seu irmán ata a súa execución.

Foi condenado a cadea perpetua, ata que en abril de 1938 foi cambiado polo capitán Miaja, fillo do xeneral republicano, que se atopaba retido no campo de concentración de Miranda de Ebro.[2]

Ao terminar a Guerra Civil Española foi nomeado conselleiro nacional e membro da Xunta Política. Posteriormente foi designado gobernador civil e xefe provincial do Movemento Nacional de Madrid, cargo no que permaneceu ata o 20 de maio de 1941, cando foi nomeado Ministro de Agricultura, cargo que ocupou ata o 22 de xuño de 1945.

En 1947 foi nomeado alcalde de Xerez da Fronteira posto no que estivo ata o 18 de xuño de 1948. O 14 de febreiro de 1951 o Goberno inglés deulle o plácet como embaixador no Reino Unido, labor que estivo realizando ata o seu cesamento o 5 de febreiro de 1958.

Estaba en posesión da Gran Cruz do Mérito Agrícola, Gran Cruz do Mérito Naval, Gran Cruz do Mérito Militar con distintivo branco, Gran Cruz de Carlos III e a Gran Cruz da Medahuia.

O 24 de marzo de 1933 casou con Margarita de Larios y Fernández de Villavicencio, filla de Pablo de Larios e Sánchez da Pena e de Josefa Fernández de Villavicencio e Crooke, I marquesa de Marzales separados e insucesos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hemeroteca. Diario de Burgos 9/5/1964 Tomo III, páxina 452.
  2. Paul Preston,El gran manipulador. La mentira cotidiana de Franco, 2008, p.87.
Predecesor:
Joaquín Benjumea Burín
Ministro de Agricultura

1941 - 1945
Sucesor:
Carlos Rein Segura
Predecesor:
José Antonio Primo de Rivera

Duque de Primo de Rivera

1948-1964
Sucesor:
Miguel Primo de Rivera y Urquijo
Predecesor:
José Antonio Primo de Rivera

Marqués de Estella

1948-1964
Sucesor:
Miguel Primo de Rivera y Urquijo