Pilar Primo de Rivera
Pilar Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nada o 4 de novembro de 1907 e finada o 17 de marzo de 1991, foi a fundadora e dirixente da Sección Femenina da Falange.
[editar] Traxectoria
Filla de Miguel Primo de Rivera e de Casilda Sáenz de Heredia, súa nai morreu en 1909 e Pilar e os sus cinco irmáns, entre eles José Antonio Primo de Rivera futuro fundador da Falange Española, foron criados pola súa avoa e dúas tías. Fortemente vencellada ao seu irmán José Antonio ao fundar a Falange, Pilar ingresou na sección estudantil, o SEU e en xuño de 1934 creouse a Sección Femenina da Falange converténdose Pilar na súa primeira xefa nacional.
Pasou o comenzo Guerra Civil española agachada en Madrid ata que se refuxiou na embaixada arxentina e logrou escapar á zona franquista, fixou a súa residencia en Salamanca xa convertida nunha autoridade moral entre o movemento falanxista tras a morte de José Antonio. Reticente con algunhas medidas franquistas propuxo que a bandeira e o himno falanxistas se convertisen nos símbolos oficiais de España pero mantivo unha postura ambigua cando Franco unificou os movementos falaxista e carlista na Falange Española Tradionalista y de las JONS aceptando ao fin un posto no Consello Nacional do novo partido. Franco nomeouna condesa do Castillo de la Mota en 1960. Procuradora en Cortes, abstívose na votación sobre a Lei de Reforma Política de 1976.