Jorge García Torre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jorge
Información persoal
Nome completo Jorge García Torre
Nacemento 13 de xaneiro de 1984 (30 anos)
Lugar Xixón, España
Altura 1,85 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Lugo
Número 6
Carreira xuvenil
Sporting de Gijón
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2005 Sporting B
2005–2011 Sporting de Gijón 116 (5)
2009–2010 Gimnàstic (ced.) 34 (3)
2011–2013 Murcia 64 (4)
2013 Lugo 8 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 2 de marzo de 2014

Jorge García Torre, coñecido como Jorge, nado en Xixón o 13 de xaneiro de 1984, é un futbolista profesional español. Xoga como defensa central no Club Deportivo Lugo da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na cidade asturiana de Xixón, Jorge comezou nos equipos de fútbol base do Estudiantes de Somió antes de incorporarse á canteira do Real Sporting de Gijón. No ano 2000, durante a súa etapa en categoría cadete, proclamouse campión de España cos xixoneses.

No ano 2003, debutou co Real Sporting de Gijón "B" e, posteriormente, fíxoo tamén co primeiro equipo na tempada 2005-06 da man do adestrador Ciriaco Cano. Na campaña 2007-08, formou parte dos xogadores que lograron o ascenso a Primeira División do Sporting, sendo titular no partido definitivo ante o Eibar no estadio El Molinón.[1]

No verán de 2009, despois dunha tempada con pouca participación en Primeira, foi cedido ao Club Gimnàstic de Tarragona, de Segunda División.[2] Unha vez finalizado o período de préstamo regresou ao Sporting para a campaña 2010-11 en Primeira.[3] Tras contar, de novo, con poucos minutos no conxunto branquivermello, decidiu desvincularse do club en agosto de 2011 para fichar polo Real Murcia C. F., onde se converteu nunha das pexas fundamentais do once na súa etapa en Segunda División.[4] O 16 de xullo de 2013 convertiuse en novo xogador do Club Deportivo Lugo da mesma categoría.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
Sporting de Gijón Segunda 2005-2006 38 1
Sporting de Gijón Segunda 2006-2007 30 2
Sporting de Gijón Segunda 2007-2008 31 2
Sporting de Gijón Primeira 2008-2009 12 0
Gimnàstic Segunda 2009-2010 34 3
Sporting de Gijón Primeira 2010-2011 5 0
Real Murcia Segunda 2011-2012 37 4
Real Murcia Segunda 2012-2013 27 0
Lugo Segunda 2013-2014

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]