Unió Esportiva Costa Brava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «UE Llagostera»)
UE Costa Brava
NomeUnió Esportiva Costa Brava
Fundación1947
EstadioNou Estadi de Palamós,[1]
Palamós, Xirona
Inauguración1948
Capacidade1.000
PresidenteIsabel Tarragó
AdestradorOriol Alsina
LigaPrimeira RFEF
2020–21
Na rede
http://www.uellagostera.com/
Titular
Alternativo

A Unió Esportiva Costa Brava, anteriormente coñecida como Unió Esportiva Llagostera-Costa Brava, é un club de fútbol español de Llagostera, na provincia de Xirona. Foi fundado en 1947 como Unión Deportiva Llagostera, e actualmente xoga na Primeira División RFEF.

Historia[editar | editar a fonte]

Co nome orixinal de Unión Deportiva Llagostera, o club foi fundado en novembro de 1947 polo entón alcalde da localidade, Leandre Calm, quen foi tamén o seu primeiro presidente.

A UE Llagostera pasou o seu primeiro século de vida nas categorías rexionais do fútbol catalán. A súa historia cambiou coa chegada ao banco de Oriol Alsina. O club, que a tempada 2004/05 militaba en Segunda Territorial, logrou catro ascensos en cinco anos, debutando en Terceira División en 2009. En xullo de 2008 Isabel Tarragó, esposa do técnico, Oriol Alsina, accedeu á presidencia do club en substitución de Josep Valentí.[2]

A tempada 2010/11 logra o maior éxito da súa historia ata o momento, ao proclamarse campión de Terceira División na súa segunda campaña na categoría. No play-off de campións gaña ao CCD Cerceda por 2-0 na ida e 0-1 na volta en Galicia e ascende por primeira vez na súa historia a Segunda División B.

Na tempada 2011/12, a primeira na categoría de bronce, acaba a liga en quinta posición a un punto do play-off de ascenso a Segunda. Ademais, nesa tempada debuta na Copa do Rei, caendo eliminado na terceira rolda.

Na tempada 2012/13 acaba a liga en 10ª posición e chega ata os dezaseisavos de final na Copa do Rei, caendo eliminado polo Valencia CF (0-2 no Municipal de Llagostera, 3-1 en Mestalla).

Na tempada 2013/14 logra o maior éxito da súa historia ao proclamarse campión do grupo III da Segunda División B. No play-off de campións é eliminado polo Racing de Santander cun gol no último minuto do partido de volta en El Sardinero, logo do 0-0 en Llagostera, e non consegue ascender de forma directa. Na segunda rolda do play-off elimina o Real Avilés cun global de 2-3 (2-0 no Estadio Román Suárez Puerta e 3-0 no Municipal) e na terceira xogarase o ascenso contra o Nàstic de Tarragona.

En agosto de 2021 o club anunciou o cambio do seu nome a Unió Esportiva Costa Brava.[3]

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias brancas.
  • Uniforme do 50 aniversario: Camiseta negra cunha franxa branca, pantalón negro e medias negras.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Camp Municipal de Llagostera.
Artigo principal: Nou Estadi de Palamós.

A UE Llagostera xoga como local no Camp Municipal d'Esports de Llagostera, situado na Avinguda de l'Esport. O recinto foi inaugurado o 3 de febreiro de 1948. Os sucesivos ascensos da UE Llagostera nos anos 2000 obrigaron a remodelar o degradado estadio, polo que o club viuse obrigado a xogar, temporalmente, na veciña localidade de Santa Cristina d'Aro. As obras realizáronse durante a tempada 2008/09 e culminaron coa instalación de céspede artificial.

En 2014 presentouse a imposibilidade de cumprir os requisitos da Liga de Fútbol Profesional para xogar en Segunda división e o Llagostera tivo que buscar outro estadio para xogar. Despois de que as negociacións para xogar no Estadi Municipal de Montilivi non prosperaran,[4] finalmente o primeiro equipo do Llagostera optou por xogar no Nou Estadi de Palamós.[1] Aínda que este estadio acolleu partidos de Segunda do Palamós entre 1989 e 1995, houbo que facer algunhas remodelacións.[5]

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial por tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto Copa
1947–97 Rexional
1997/98 3ª Territorial
1998/99 2ª Territorial
1999/00 2ª Territorial
2000/01 2ª Territorial 16º
2001/02 2ª Territorial 14º
2002/03 2ª Territorial
2003/04 2ª Territorial 16º
2004/05 2ª Territorial
2005/06 1ª Territorial
2006/07 Preferent Territ.
2007/08 Preferent Territ.
2008/09 1ª Catalana
2009/10
2010/11
2011/12 2ªB 3ª Rolda
2012/13 2ªB 10º 1/32
2013/14 2ªB
2014/15 2ª rolda
2015/16 20º 1/32
2016/17 2ªB 14º 2ª rolda
2017/18 2ªB 16º
2018/19
2019/20 2ªB 13º 1ª rolda
2020/21 2ªB 1ª rolda
2021/22 1ª RFEF

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Marca (ed.). "O Llagostera xogará en Palamós". 
  2. [1]
  3. "El Llagostera, ara UE Costa Brava, canvia de nom “per supervivència”" (en catalán). 31 de xullo de 2021. Consultado o 13 de novembro de 2021. 
  4. Diari de Girona, ed. (5 de xullo de 2014). "Montilivi, só para o Girona". 
  5. Ribas, Ramon (7 de xullo de 2014). Diari de Girona, ed. "O Llagostera xogará en Palamós". Consultado o 7 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]