John Dee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Dee, nado en Londres o 13 de xullo de 1527 e finado en Warden, Inglaterra, entre decembro de 1608 e marzo de 1609, foi un alquimista, ocultista, matemático, astrónomo, astrólogo e navegante galés. Foi consultor da raíña Isabel I de Inglaterra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Londres, a súa familia era toda galesa, de Radnorshire. Considerado como un dos homes máis cultos da súa época, foi convidado a disertar sobre álxebra na Universidade de París con apenas 20 anos. Reputado matemático e astrónomo, tamén exerceu de experto navegante, formando a moitos outros mariños que posteriormente participarían en viaxes asociadas a descubrimentos.

Ao tempo que se dedicaba aos eidos descritos, Dee tamén profundou nos campos da astroloxía, a maxia e a filosofía hermética. Dedicou moito esforzo nos últimos 30 anos da súa vida a intentar contactar cos anxos co obxectivo de aprender a linguaxe universal da creación. Estudante o neoplatonismo de Marsilio Ficino, Dee non trazou distincións entre a súa investigación matemática e as súas actividades nos campos da adiviñación e da maxia. Pola contra, el consideraba que todos os seus estudos constituían diferentes facetas da mesma cuestión: a procura dunha comprensión transcendente das formas divinas que subxacen no mundo visible, ás que chamaba verdades puras.

Acumulou en vida unha das maiores bibliotecas de toda Inglaterra e tamén desempeñou un importante papel político na corte de Isabel I, sendo consultor desta, ao tempo que cultivou as relacións cos seus ministros Francis Walsingham e William Cecil. Gozou ademais da protección de personalidades destacadas do seu tempo, como Phillip Sidney ou Christopher Hatton.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]