Gerolamo Cardano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGerolamo Cardano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1501 Editar o valor em Wikidata
Pavia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de setembro de 1576 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDucado de Milán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Pavia (pt) Traducir
Universidade de Padua Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Padua
Boloña
Pavia
Milán
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , inventor , enxeñeiro , astrólogo , matemático , médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña
Universidade de Pavia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosGaspare Tagliacozzi (pt) Traducir e Simone Simoni (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoLodovico Ferrari (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLucia Banderini (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosGiovanni Battista Cardano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFazio Cardano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Chiara Micheri (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Cardano-3

Gerolamo Cardano, nado en Pavia o 24 de setembro de 1501 e finado en Roma o 21 de setembro de 1576 foi un médico, matemático, astrólogo e estudoso do azar italiano, coñecido tamén como Girolamo Cardano, Geronimo Cardano e Hyeronimus Cardanus.

Filósofo e enciclopedista, foi autor dunha das primeiras autobiografías modernas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gerolamo Cardano era fillo ilexítimo de Fazio Cardano, avogado con talento para as matemáticas, que foi amigo de Leonardo da Vinci. En 1520 ingresou na Universidade de Pavia e estudou medicina en Padua, conseguindo moi boas cualificacións. Finalmente acadou unha considerable sona como médico en Saccolongo, preto de Padua, e os seus servizos foron moi valorados entre a clase alta, chegando a atender o arcebispo escocés de Saint Andrews. En 1539 foi aceptado no Colexio Médico de Milán.

En Boloña Cardano foi acusado de herexía en 1570 polo ton polémico e agudo dos seus escritos e por escribir o horóscopo de Xesús de Nazaret en 1554. Foi procesado e pasou varios meses en prisión, ata que abxurou e logrou a liberdade coa prohibición de publicar.

Mudouse entón a Roma e conseguiu unha pensión do papa Gregorio XIII. Alí practicou a medicina, escribiu libros médicos e rematou a súa autobiografía. Morreu na mesma cidade (segundo unha lenda, o día que el predixera) e o seu corpo foi levado a Milán e soterrado na igrexa de San Marcos.

Obra[editar | editar a fonte]

De propria vita, 1821

Cardano é hoxe coñecido polos seus múltiples intereses e as súas dúas enciclopedias de saberes, De subtilitate rerum (1550) e De varietate rerum (1559) conteñen unha ampla variedade de invencións, feitos e coñecementos que hoxe se consideran máxicos ou supersticiosos.

Como médico foi o primeiro en describir a febre tifoide e comentou obras de Galeno e Hipócrates. O seu Contradicentium medicorum, de 1536, trata temas de discusión na medicina do século XVI e Liber somnorium é a última onirocrítica de raíces antigas e medievais, o que o converte nun texto valiosísimo citado por Freud en Die Traumdeutung.

Destaca polos seus traballos na álxebra. En 1539 publicou o libro de aritmética Practica arithmetica et mensurandi singulares. Na súa obra Ars magna (1545) publicou as solucións ás ecuacións de terceiro e cuarto grao. A solución a un caso particular de ecuación cúbica, en notación moderna foille comunicada a través de Niccolò Fontana Tartaglia, a quen Cardano xurara non desvelar o segredo da resolución. Porén, Cardano considerou que o xuramento acabara tras obter información doutras fontes, polo que polemizou con Tartaglia, a quen ademais cita. En realidade o achado das solucións das ecuacións cúbicas non se debe a ningún dos dous, senón a Scipione dal Ferro contra o 1515 e hoxe recoñécese a honradez de Cardano que así o recoñecía no seu libro.

O seu libro sobre os xogos de azar Liber de ludo aleae, escrito na década de 1560, mais publicado postumamente en 1663, constitúe o primeiro tratado serio de probabilidade.

Cardano contribuíu á hidrodinámica apoiándose en esquemas do século XV e mantivo que o movemento perpetuo era imposible agás nos corpos celestes. Introduciu a grade de Cardano, ferramenta criptográfica en 1550 e desenvolveu un dispositivo que permite conservar a horizontalidade mediante dous eixes que xiran en ángulo. Este dispositivo emprégase na actualidade en millóns de vehículos e é coñecido como cardán. Tamén deseñou outro artefacto para o asentamento dos compases nos barcos.

Na filosofía escribiu sobre temas morais (De consolatione, De sapientia, Proxeneta) e en De immortalitate animorum reabriu unha discusión que tiveran anos antes Pietro Pomponazzi, Agostino Nifo, Alessandro Achillini e Marcantonio Zimara sobre que podía dicir a razón natural sobre a inmortalidade do home. Cardano opoñíase a Pietro Pomponazzi, seguidor de Alexandre de Afrodisias.

Os seus libros biográficos son dúas obras mestras, que fan ademais un retrato excelente do que puido ser un sabio do século XVI e a valoración dos seus libros.

Listaxe das obras[editar | editar a fonte]

  • De malo recentiorum medicorum usu libellus, Venecia, 1536 (medicina).
  • Practica arithmetice et mensurandi singularis, Milán, 1539 (matemáticas).
  • De consolatione, Venecia, 1542 (filosofía).
  • De sapientia, Núremberg, 1544 (filosofía).
  • Artis magnae, sive de regulis algebraicis —coñecido como Ars Magna—, Núremberg, 1545 (álxebra).
  • De immortalitate animorum, Lión, 1545.
  • Liber somniorum, Basilea, 1562. Última obra, pero renovadora, sobre a onirocrítica.
  • Contradicentium medicorum, Venecia 1536, temas de discusión en medicina.
  • In Cl. Ptolemaei... Quadripartitae Constructionis libros Commentaria, Basilea, 1554 (astroloxía)
  • De subtilitate rerum, Nuremberg, Johann Petreius, 1550 (enciclopedia).
  • Liber de libris propriis, Leiden, 1557. Auto-bibliografía.
  • De varietate rerum, Basilea, Heinrich Petri, 1557 (enciclopedia).
  • Opus novum de proportionibus numerorum, motuum, ponderum, sonorum, aliarumque rerum mensurandarum. Item de alia regula, Basilea, 1570. (matemáticas).
  • Prosseneta. Libro sobre o trato entre os humanos.
  • De propia vita, París, 1643. Autobiografía.
  • Liber de ludo aleae (probabilidade).
  • Metoposcopia, París, 1658, sobre fisiognómica.
  • Theonoston, 1663, filosofía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alfonso Ingegno, Saggio sulla filosofia di Cardano, Florencia, La Nuova Italia, 1980.
  • Nancy G. Siraisi, The Clock and the Mirror: Girolamo Cardano and Renaissance Medicine, Princeton, N.J., Princeton Univ., 1997 ISBN 0-691-01189-3.
  • Anthony Grafton, Cardano's Cosmos, Cambridge Mas., Harvard Univ., 1999.
  • Eckhard Keβler (ed.), Girolamo Cardano, Philosoph, Naturforscher, Arzt, Wiesbaden, Haarassowitz, 1994 ISBN 3-447-03599-4.
  • Maria Luisa Baldi, Guido Canziani (eds.), Girolamo Cardano. Le opere, le fonti, la vita, Milán FrancoAngeli, 1999 ISBN 88-464-1165-X.
  • Maria Luisa Baldi, Guido Canziani (eds.), Cardano e la tradizione dei saperi, Milán, FrancoAngeli, 2003, ISBN 88-464-5267-4
  • Martín Casalderrey, Francisco (2000): Cardano y Tartaglia- Las matemáticas en el Renacimiento Italiano, 2000, Nivola ISBN 978-84-930719-5-0

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]