James and the Giant Peach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

James and the Giant Peach (en galego: Jim e o Pexego Xigante) é un filme de animación producido da compañía Walt Disney Pictures, producido por Tim Burton, dirixido por Henry Selick, baseado no libro homónimo de Roald Dahl, e estreado o 12 de abril de 1996. A animación do filme foi feito coa técnica de "Stop-motion", o segundo filme de Tim Burton (despois de The Nightmare Before Christmas) na que esta técnica foi usada.

Argumento

James é un rapaz de oito anos de idade, que despois da morte dos seus pais ten que ir a vivir coas súas tías, Spike e Sponge, ás que detesta. A visita dun estraño personaxe, unha araña á que lle salva a vida, fornece un medio de fuga, un pexego que comeza a crecer de forma desproporcionada no seu xardín. Dentro deste raro froito atopará a outros personaxes curiosos e vivirá grandes aventuras.

Comentarios e anécdotas

A letra da canción Eating the Peach (Comendo a Pexego) é a mesmo da escrita por Roald Dahl no seu libro.

Jack Skellington, estrela de The Nightmare Before Christmas aparece nesta película como o capitán do barco pirata contra o que se enfrota o cempés, e de onde sacan o compás.

No barco, a baixa estatura da cruz da bandeira, da a impresión de estar invertida.

Véxase tamén