Big Fish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Big Fish
Título orixinal Big Fish
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Tim Burton
Produtor Bruce Cohen
Dan Jinks
Richard D. Zanuck
Guión John August, baseado na novela de Daniel Wallace
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Ewan McGregor
Albert Finney
Jessica Lange
Alison Lohman
Billy Crudup
Steve Buscemi
Danny DeVito
Helena Bonham Carter
Música Danny Elfman
Fotografía Philippe Rousselot
Montaxe
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Columbia Pictures
Ano 2003
Duración 125 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Comedia-Drama
Orzamento $70.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Big Fish é unha película de 2003 dirixida por Tim Burton e escrita por John August, baseada na novela Big Fish: A Novel of Mythic Proportions de Daniel Wallace. Entre os seus protagonistas están Ewan McGregor, Albert Finney, Billy Crudup, Jessica Lange, Alison Lohman, Steve Buscemi, Helena Bonham Carter e Danny DeVito.

A película ía ser dirixida por Steven Spielberg, antes de que Burton se encargase do proxecto, trala morte do seu propio pai. Foi filmada en Alabama, e ten menos elementos góticos ca outras películas de Burton coma Edward Scissorhands ou Sleepy Hollow. A película recibiu catro candidaturas para os Globos de Ouro e unha candidatura para os Premios Oscar 2004.

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Edward Bloom é un home que adoita relatar momentos da súa vida engadindo características fantásticas. Pre tras contar na voda do seu fillo Will unha historia que este considera falsa, deixan de falarse durante tres anos. Will traballa como xornalista en París, e regresa a Alabama xunto coa súa esposa Josephine ao empeorar a saúde do seu pai. No propio avión Will narra unha das historias do seu pai, na que coñece unha meiga que lle amosa o modo en que vai morrer a través do seu ollo de vidro.

Ao longo da película Edward conta algunhas historias que relatan momentos da súa vida, como que estivo tres anos postrado na cama debido ao seu rápido crecemento. De adolescente convertiuse nun deportista de sona e nun rapaz moi querido na súa vila, pero comprendeu que a pequena poboación onde vivía quedábaselle pequena para as súas ambicións. Tras coñecer a Karl, un xigante incomprendido, inicia unha viaxe xunto a el. Edward atravesa unha fraga enfeitizada e chega a unha aldea, onde coñece ao poeta Norther Winslow. Antes de abandonar a aldea promete a Jenny, unha nena da pequena poboación, que regresaría algún día.

Edward e Karl visitan un circo, onde o protagonista ve o amor da súa vida, onha muller da que fica prendado, pero pérdea de vista sen poder coñecer o seu nome. Amos, o propietario do circo, propón a Edward un trato: se traballa para el gratuitamente no circo, Amos iralle dando información da moza cada mes. Co paso do tempo, vaille contando a Edward só algúns detalles sobre a moza que viu, pero nunca o seu nome ou enderezo. Unha noite, Edward descubre que Amos é un lobishome, pero non o mata. Debido a este xesto, revélalle o nome da moza (Sandra Templeton) e o lugar onde estuda (Universidade de Auburn).

Non obstante, Sandra xa estaba comprometida con outro mozo, Don Price, procedente da mesma vila que Edward. Edward non se rinde, e fai un montón de xestos para intentar conquistar a Sandra, como plantar fóra da súa residencia unha infinidade de narcisos. Don descúbreos xuntos e golpea a Edward para que se alonxe dela, pero Sandra defende a Edward e abandona a Don.

Edward é reclutado polo exército e debe alonxarse de Sandra para ir á guerra de Corea, onde coñece a Ping e Jing, dúas siamesas que o axudan a volver aos EUA logo de pasar pola URSS e Cuba. Edward fora dado por muerto, pero regresa con Sandra, e comeza a traballar de comercial de mans ortopédicas. Nunha ocasión reatópase nunha sucursal bancaria co poeta Winslow, que lle pide axuda para atracala. Descubren que o banco está en bancarrota, e Winslow marcha a New York para traballar na bolsa en Wall Street, converténdose nun exitoso home de negocios.

Molesto polas historias do seu pai, Will pide que lle conte a verdade. Sospeitando que o seu pai tiña outra familia, revisa a súa oficina, encontrando cartas de cando fora dado por morto, e outras que proviñan da aldea que coñecera. Will coñece a Jenny, que se converteu en profesora de piano. Ela cóntalle que o seu pai axudou aos habitantes da aldea, que quedara arruinada, reconstruíndo as casas. Ademais, contoulle que para o seu pai a única muller era a súa esposa Sandra.

Will regresa a casa e descubre que o seu pai está no hospital. Edward pídelle ao seu fillo que lle conte a historia da súa morte, e nela ambos os dous escapan do propio hospital e diríxense ao río, onde se encontra toda a xente que coñecera durante a súa vida para despedilo, e remata converténdose nun pez. Tras isto, Edward di "a historia da miña vida" e morre. No funeral Will ve varios amigos do seu pai, os cales estaban presentes nas súas historias. Will explica que o seu pai se converteu nas súas historias tras anos de narralas, e que vivirá por sempre nelas.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Reparto[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

Trala morte do seu pai, en 1999 o guionista John August leu un manuscrito da novela Big Fish e logrou o apoio de Columbia Pictures para levar adiante a adaptación[2]. Steven Spielberg foi asignado como director en agosto de 2000,[3], mentres August escribía dous borradores, con Jack Nicholson como o anciano Edward Bloom[2]. August traballou duro para transformar o libro -que estaba divido en varios capítulos- nunha historia con cohesión, decidindo utilizar varios narradores, facendo un terceiro borrador mentres Spielberg se encontraba ocupado con outros proxectos[2]. Os produtores Dan Jinks e Bruce Cohen discutiron o proxecto con Stephen Daldry[4] antes de enviar o borrador a Tim Burton, quen aceptou dirixir a película en abril de 2002[5].

Tim Burton estivo moi afectado trala morte do seu pai en outubro de 2000 e da súa nai en marzo de 2002. Trala produción de Planet of the Apes, quixo facer unha película máis pequena. Burton gostou do guión, sentindo que era unha das mellores historias que lle tocara dirixir desde Beetlejuice, ademais de gustarlle a idea de mezclar o drama con contos de fadas, xa que lle permitía narrar varias historias de distintos xéneros. Burton reuniuse con Jack Nicholson e falaron da posibilidade de utilizar ferramentas dixitais para crear unha versión máis moza do seu papel. Tras isto, Burton comezou a buscar dous actores para cada personaxe[2], polo que se retrasou a rodaxe de outubro de 2002 a xaneiro de 2003[6].

O 1 de agosto de 2002, Ewan McGregor e Albert Finney foron contratados para interpretar as dúas versións de Edward Bloom[7]. Os produtores Jinks e Cohen suxeriron esta dupla tras traballar con McGregor en Down with Love. Burton aceptou traballar con el debido ao parecido co seu colega Johnny Depp[2]. Tras ver a actuación de Finney en Tom Jones, Burton viu un gran parecido entre el e McGregor, e ademais leu un artigo da revista People onde se comparaba os dous actores[8]. A maioría dos actores reuníronse en novembro de 2002[9].

A filmación de Big Fish comezou o 13 de xaneiro de 2003 e terminou a comezos de maio[6]. A produción foi realizada en Montgomery (Alabama). Todas as escenas de Albert Finney como Edward Bloom foron filmadas primeiro, debido á dificultade emocional das mesmas. McGregor estivo presente no set desde o comezo observando o traballo de Finney. Tras isto, o ambiente adquiriu un novo espírito cando Burton e McGregor comezaron a filmar. Gran parte das escenas foron improvisadas, incluíndo a escena do nacemento e a de Corea. Un forte vento arrasou parte do set mentres filmaban as escenas do circo, pero aínda así continuaron traballando. A filmación en Alabama finalizou en abril, e trasladáronse a París unha semana antes de editar[2][6]. Burton preferiu utilizar efectos especiais prácticos en vez de animación por computador. Para algunhas escenas onde aparecía o xigante Karl, recurriu a ilusións ópticas relacionadas coa perspectiva. Ademais, esa foi a primeira vez que Burton recurriu a unha considerable edición de cores, co obxecto de diferenciar as escenas reais das narradas[10].

Música[editar | editar a fonte]

A banda sonora de Big Fish foi composta por Danny Elfman. Eddie Vedder, cantante de Pearl Jam, compuxo a canción "Man of the Hour" tras ver a película[2].

Acollida[editar | editar a fonte]

Big Fish tivo unha estrea limitado o 10 de decembro de 2003, antes de ser distribuída polos EUA o 9 de xaneiro de 2004[11]. Aínda que se agardaba unha recadación duns 14,5 millóns de dólares para a primeira semana[12], a película logrou recaudar 13 millóns, quedando en segundo lugar tras The Lord of the Rings: The Return of the King[13]. Finalmente a película recaudou 66 millóns de dólares nos EUA e 56 millóns no resto do mundo[11]. A película recibiu unha candidatura en 2004 para os premios Globo de Ouro como mellor película cómica ou musical, ademais doutras candidaturas para Albert Finney, Danny Elfman e Eddie Vedder. Nos Premios Óscar 2004 Elfman recibió unha candidatura pola banda sonora[14].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Salisbury, Mark e Burton, T.: Burton on Burton. Faber and Faber, 2006. Páx. 203 (capítulo "Big Fish"). ISBN 0-571-22926-3
  3. "Spielberg Reels in Big Fish", artigo de Brian Linder en IGN, 10 de agosto de 2000 (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).
  4. "Big Fish in His Own Pond", artigo de Josh Tyrangiel en Time, 24 de novembro de 2003 (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).
  5. "Big Fish dead on the hook for Spielberg", artigo de Steven Awalt en SpielbergFilms, 30 de abril de 2002 (consultado o 19 de decembro de 2007 (en inglés).
  6. 6,0 6,1 6,2 "Big Fish - Greg's Preview", artigo de Greg Dean Schmitz en Yahoo! (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).
  7. "Two Big Fish Caught", artigo de Stax en IGN, 1 de agosto de 2002 (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).
  8. "Tim Burton Reels in Big Fish", artigo de Fred Topel en IGN, 9 de decembro de 2003 (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).
  9. "More Big Fish", artigo de Stax en IGN, 5 de outubro de 2002 (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).
  10. "Burton Applies Light CG Touch to Big Fish", artigo de Bill Desowitz en VFXWorld, 10 de decembro de 2003 (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).
  11. 11,0 11,1 "Big Fish (2003)", artigo en Box Office Mojo (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).
  12. "Is Sony Telling a 'Big Fish' story?", artigo en IMDb, 12 de xaneiro de 2004 (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).
  13. "Sony's Box Office Estimate: Another 'Fish' Story", artigo en IMDb, 13 de xaneiro de 2004 (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).
  14. "Big Fish - Awards and Nominations, artigo en Yahoo! (consultado o 19 de decembro de 2007) (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]