Bolt (filme de 2008)
| Bolt | |
|---|---|
| Título orixinal | Bolt |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Chris Williams Byron Howard |
| Produtor | Clark Spencer John Lasseter |
| Guión | Dan Fogelman Chris Williams |
| Baseado en | |
| Intérpretes | John Travolta Susie Essman Mark Walton Miley Cyrus |
| Música | John Powell |
| Fotografía | |
| Montaxe | Tim Mertens |
| Estudio | Walt Disney Animation Studios |
| Distribuidor | Walt Disney Pictures |
| Ano | 2008 |
| Duración | 96 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación |
| Orzamento | $150.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Bolt é un filme de animación estadounidense dos estudios Disney, dirixido por Chris Williams e Byron Howard, que foi estreado no 2008.
Índice |
Argumento[editar]
Para o super-can Bolt tódolos días están cheos de aventuras, perigos e intrigas -polo menos ata que as cámaras deixan de gravar, xa que é o protagonista dun famoso programa de televisión-. Pero cando a estrela canina do gran éxito televisivo é enviada accidentalmente dende os seus estudios de Hollywood a Nova York, comeza a súa maior aventura nunha viaxe campo a través polo mundo real. Bolt está convencido de que todos os seus incribles poderes e fazañas son reais. Mais, coa axuda de dous estraños compañeiros de viaxe - un gato de nome Mittens, e un hámster nunha bóla de plástico obsesionado pola televisión chamado Rhino - Bolt descobre que non necesita superpoderes para ser un heroe.
Personaxes[editar]
- John Travolta como Bolt
- Susie Essman como Mittens
- Mark Walton como Rhino
- Miley Cyrus como Penny
- Malcolm McDowell como Doutor Calico
- Nick Swardson como Blake
- Diedrich Bader como Gato veterano
- Chloë Grace Moretz Penny de pequena
- Greg Germann como O axente
- James Lipton como O director
- Randy Savage como Thug
- Kari Wahlgren como Mindy
- Grey Delisle como Nai de Penny
- J.P. Manoux como Tom
- Brian Stepanek como Martin
- John DiMaggio como Saul
- Jenny Lewis como Asistente do Director
Galardóns e nomeamentos[editar]
- 2008: Nomeado ó Oscar: Mellor filme de animación.
- 2008: 2 Nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor filme de animación, canción orixinal.
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)