Brother Bear
| Irmán oso | |
|---|---|
| Título orixinal | Brother Bear |
| [[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Aaron Blaise |
| Produtor | Chuck Williams |
| Guión | Tab Murphy Steve Bencich Lorne Cameron Ron J. Friedman David Hoselton |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Joaquin Phoenix (Kenai) Jeremy Suarez (Koda) Jason Raize (Denahi) Rick Moranis (Rutt) Dave Thomas (Tuke) D.B. Sweeney (Sitka) Joan Copeland (Tanana) Michael Clarke Duncan (Tug) |
| Música | Mark Mancina Phil Collins |
| Fotografía | Pete Kozachik Hiro Narita |
| Montaxe | Tim Mertens |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | {{{distribuidor}}} |
| Ano | {{{estrea}}} |
| Duración | 85 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación Fantasía Drama |
| Orzamento | {{{orzamento}}} |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
Brother Bear (en galego: Irmán oso) é o cuadraxésimo cuarto clásico filme de animación producido por Walt Disney Pictures, estreado o 24 de outubro de 2003, e distribuído por Buena Vista Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. En España foi estreado o 26 de marzo de 2004.
Índice |
Información
Este filme de animación ten unha duración de 85 minutos e foi realizado en Estados Unidos, saíndo ao mercado no 2003. Os seus directores son Aaron Blaise e Robert Walker. O guión foi elaborado por Tab Murphy, Steve Bencich, Lorne Cameron, Ron J. Friedman e David Hoselton, baseándose no argumento de Broose Johnson. O filme foi producido por Chuck Williams e montado por Tim Mertens.
Sinopse
As personaxes que protagonizan o filme son Kenai, Koda, Denahi, Rutt, Tuke, Sitka, Tanana e Tug. Trata sobre o xiro inesperado da vida dun neno chamado Kenai cando os espíritos o converten no animal que máis aborrece, o oso. A trama transcorre no noroeste americano e narra a amizade entre Kenai e o seu novo amigo Koda (un pequeno oso) e como entre os dous intentan que o protagonista recupere a súa forma humana. Mentres, o seu irmán (que non coñece o sucedido con Kenai) perségueo para conseguir o honor e a vinganza familiar.
Galardóns e nomeamentos
- 2003: Nomeado ó Oscar ó mellor filme de animación.
B.S.O.
A súa banda sonora está composta por Mark Mancina e Phil Collins, e interpretada por este último xunto con algúns artistas colaboradores. Comercializouse por Walt Disney Records o 26 de maio do 2009 e o disco contén 11 cancións, cunha duración total de 46 minutos e 13 segundos. Os temas que compoñen o disco son os seguintes:
- "Look Through My Eyes" (Phil Collins, 4:01)
- "Great Spirits" (Tina Turner, 3:24)
- "Welcome" (Phil Collins, 3:38)
- "Transformation" (Bulgarian Women's Choir, 2:29)
- "On My Way" (Phil Collins, 3:40)
- "Welcome" (The Blind Boys of Alabama, 3:14)
- "No Way Out (Theme From Brother Bear)" (Phil Collins, 4:18)
- "Transformation (Phil Version)" (Phil Collins, 2:25)
- "Three Brothers (Score)" (Phil Collins, 6:45)
- "Awakes As A Bear (Score)" (Phil Collins, 6:49)
- "Wilderness Of Danger And Beauty (Score)" (Phil Collins, 5:30)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web oficial (en inglés)