Sleepy Hollow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sleepy Hollow
Título orixinal Sleepy Hollow
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Tim Burton
Produtor Scott Rudin
Adam Schroeder
Francis Ford Coppola
Guión Washington Irving
(historia orixinal)
Kevin Yagher
Andrew Kevin Walker (adaptación)
Baseado en A lenda de Sleepy Hollow de Washington Irving
Intérpretes Johnny Depp
Christina Ricci
Michael Gambon
Miranda Richardson
Christopher Walken
Casper Van Dien
Christopher Lee
Jeffrey Jones
Lisa Marie
Ian McDiarmid
Michael Gough
Richard Griffiths
Helena Bonham Carter
Marc Pickering
Música Danny Elfman
Fotografía Emmanuel Lubezki
Montaxe Chris Lebenzon
Joel Negron
Estudio Leavesden Film Studios
Distribuidor Paramount Pictures
Ano 1999
Duración 115 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Fantástico, Terror
Orzamento $100.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Sleepy Hollow é un filme dirixido por Tim Burton que foi estreado en 1999. Está baseado na novela de Washington Irving, A lenda de Sleepy Hollow. A música do filme foi composta por Danny Elfman e foi rodada nos estudos Leavesden Film Studios. Foi un éxito en taquilla e tivo unha boa acollida pola crítica, con mención especial á musicalización gótica de Elfman e á fotografía obra de Emmanuel Lubezki. Gañou un Oscar por Mellor Dirección de Arte, así como dous BAFTAs por Mellor Deseño de Vestiario e Mellor Deseño de Produción.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Norteamérica 1799, Constable Ichabod Crane (Johnny Depp), un policía de Nova York é enviado polos seus superiores á pequena e remota vila de Sleepy Hollow para pescudar que hai de verdade na lenda dun xinete sen testa que arrepía ós habitantes do lugar.

Este medo vén provocado por unha serie de brutais asasinatos nos que as vítimas son atopadas decapitadas. Crane confía nas súas avanzadas técnicas de investigación para resolve-los crimes, tales como a análise de pegadas dactilares e autopsias. Crane chega a Sleepy Hollow provisto da súa bolsa de ferramentas científicas pero soamente é informado polos anciáns da vila de que o asasino non é de carne e óso, senón máis ben un guerreiro de ultratumba sen testa que cabalga pola noite nun enorme cabalo negro.

Comeza a súa propia investigación permanecendo escéptico sobre as historias sobrenaturais que lle contan, ata que el mesmo se atopa co xinete sen testa. Aluga un cuarto na casa da familia máis rica da vila, os Van Tassels, e medra unha atracción cara a súa filla, a misteriosa Katrina, ó mesmo tempo que é acosado por pesadelos da terrible tortura da súa nai cando era un cativo.

Profundizando no misterio coa axuda do orfo Masbath, cuxo pai fora vítima do xinete, Crane descobre o punto de entrada do xinete ó mundo real, a retorta Árbore dos Mortos.

Crane atopa que o cranio non está presente e os asasinatos continúan ata que descobre que os feitos xiran arredor dunha trama por dereitos de terra e de vinganza. O xinete é controlado pola madrastra de Katrina, Lady Van Tassel, quen envía o asasino tras Katrina. Despois dunha liorta no muíño de vento local e unha persecución pola fraga, Crane finalmente detén á señora Van Tassel mediante a devolución do cranio ó xinete, quen recupera a súa testa e volta ó inferno. A súa labor en Sleepy Hollow remata e xunto con Katrina e Masbath, retorna a Nova York, a tempo para o novo século.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • Oscar á mellor dirección artística. 3 nomeamentos (ano 1999).
  • Premios BAFTA ó mellor vestiario, deseño de produción. 3 nomeamentos (ano 1999).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]