Charlie e a fábrica de chocolate (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charlie and the Chocolate Factory
Título orixinal Charlie and the Chocolate Factory
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Tim Burton
Produtor Brad Grey
Richard D. Zanuck
Guión John August
Baseado en Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl
Intérpretes Johnny Depp
Freddie Highmore
David Kelly
Helena Bonham Carter
Noah Taylor
Adam Godley
James Fox
Deep Roy
Christopher Lee
Música Danny Elfman
Fotografía Philippe Rousselot
Montaxe Chris Lebenzon
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor Warner Bros. Pictures
Ano 2005
Duración 115 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido
Xénero Fantasía, comedia
Orzamento $150.000.000[1]
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Charlie and the Chocolate Factory é unha película dirixida por Tim Burton no ano 2005, baseada no libro homónimo de Roald Dahl. Está protagonizada por Johnny Depp, que interpreta a Willy Wonka, e Freddie Highmore, que interpreta a Charlie.

Foi rodada en Yorkshire, Inglaterra, e é a segunda adaptación da novela, tras Willy Wonka & the Chocolate Factory, dirixida en 1971 por Mel Stuart.

O guión foi escrito por John August, que xa traballara como guionista con Tim Burton no 2003 en Big Fish. August dixo que non vira a adaptación de 1971 antes de escribir o guión, e que lle preguntou a Tim Burton se debía mirala. Burton díxolle que non, polo que a nova adaptación non ten influencias da primeira.[2].

Johnny Depp xa traballara en varias películas de Tim Burton, e seica foi el quen recomendou a Freddie Highmore para interpretar a Charlie tras miralo en Finding Neverland.

Marilyn Manson tiña apalabrado[Cómpre referencia] con Tim Burton o papel de Willy Wonka desde había tempo, e mesmo a comezos dos 90 un dos seus videoclips era sobre a súa interpretación particular do libro. Ó final a súa participación non tivo lugar por presións da compañía distribuidora.

Johnny Depp afirmou que para o papel de Willy Wonka se inspirou en Howard Hughes no seu momento de reclusión, e nos glamurosos rock-stars dos anos 70.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]