Lilo & Stitch
| Lilo & Stitch | |
|---|---|
| Título orixinal | Lilo & Stitch |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Chris Sanders Dean DeBlois |
| Produtor | Clark Spencer |
| Guión | Chris Sanders Dean DeBlois |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Chris Sanders Daveigh Chase Tia Carrere David Ogden Stiers Kevin McDonald Ving Rhames Jason Scott Lee |
| Música | Alan Silvestri |
| Fotografía | |
| Montaxe | Darren T. Holmes |
| Estudio | Walt Disney Feature Animation |
| Distribuidor | Walt Disney Pictures Buena Vista Distribution |
| Ano | 2002 |
| Duración | 85 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación, Infantil |
| Orzamento | $80.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Lilo & Stitch é un filme de animación de Disney escrito e dirixido por Chris Sanders e Dean DeBlois que foi estreado no 2002. Debido ó éxito do filme, a historia continuou na serie de televisión, Lilo & Stitch: The Series e tivo unha secuela, Stitch! The Movie, (2003). A segunda secuela directa a DVD foi Lilo & Stitch 2: Stitch Has a Glitch, (2005). Unha terceira secuela, Leroy & Stitch, foi realizada no 2007 como conclusión para a serie de televisión.
Índice |
Argumento [editar]
Lilo, unha nena hawaiana que se sinte soa, decide adoptar un "can" moi feo ó que chama Stitch, que podería ser a compaña perfecta senón fose en realidade o froito dun experimento xenético que escapou dun planeta alieníxena e aterrou na Terra por casualidade. Co seu amor e a súa inquebrantable fe no "ohana" (o concepto hawaiano da familia), Lilo remata conquistando o corazón de Stitch e ofrécelle algo que o orixinal cadelo nunca pensou ter: un fogar.
Personaxes [editar]
- Daveigh Chase como Lilo Pelekai
- Chris Sanders como Stitch
- Tia Carrere como Nani Pelekai
- David Ogden Stiers como Jumba Jookiba
- Kevin McDonald como Pleakley
- Ving Rhames como Cobra Bubbles
- Zoe Caldwell como Grand Councilwoman
- Jason Scott Lee como David Kawena
- Kevin Michael Richardson como Gantu
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2002: Nomeado ó Oscar ó mellor filme de animación.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en inglés)