The Lion King
| O rei león | |
|---|---|
| Título orixinal | The Lion King |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Rob Minkoff Roger Allers |
| Produtor | Don Hahn |
| Guión | Irene Mecchi Jonathan Roberts Linda Woolverton |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Matthew Broderick (Simba) Jeremy Irons (Scar) Ernie Sabella (Pumbaa) Nathan Lane (Timon) Moira Kelly (Nala) Robert Guillaume (Rafiki) Rowan Atkinson (Zazu) James Earl Jones (Mufasa) |
| Música | Hans Zimmer |
| Fotografía | |
| Montaxe | Ivan Bilancio |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Walt Disney Pictures |
| Ano | 1994 |
| Duración | 89 min. |
| País | Estados Unidos |
| Xénero | Animación |
| Orzamento | 79.300.000 $ |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | The Lion King II: Simba's Pride |
| Ficha en IMDb | |
The Lion King (en galego: O rei león) é o trixésimo segundo filme de animación producido por Walt Disney Pictures. O filme estreado o 24 de xuño de 1994 e distribuído por Buena Vista Pictures nos cines dos Estados Unidos.
A trama, baseada no relato de Hamlet de William Shakespeare e pasaxes da Biblia, xira en torno a un león cativo chamado Simba que debe aprender sobre o seu lugar no "ciclo de vida", loitando contra varios obstáculos para se converter no lexítimo rei e suceder o seu pai no trono.
O filme é un musical cuxas cancións foron compostas polo compositor Elton John e o letrista Tim Rice. A banda sonora, e unha das súas cancións, gañou o Premio Oscar da Academia de cine estadounidense.
Argumento
A historia de The Lion King acontece na sabana África, onde o líder dos animais do lugar é un león, Mufasa. Simba, o seu fillo, é o sucesor que está aprendendo o que deberá facer cando tome o relevo no seu cargo. Pero o seu tío Scar (Jeremy Irons) intentará facerse co poder matando a Mufasa e mais a Simba. O pequeno león, que consegue fuxir, bótase as culpas da morte de seu pai. Cando se atopa con Timon e Pumbaa, estes ensínanlle a vivir segundo o estilo do Hakuna Matata, sen preocupacións. Tempo despois, cando xa é grande, Simba retorna ao seu fogar para loitar contra Scar e así recuperar o trono.
Voces
- Matthew Broderick e Jonathan Taylor Thomas como Simba
- Jeremy Irons como Scar
- James Earl Jones como Mufasa
- Nathan Lane como Timon
- Ernie Sabella como Pumbaa
- Whoopi Goldberg como Shenzi
- Cheech Marin como Banzai
- Jim Cummings como Ed
- Moira Kelly e Niketa Calame como Nala
- Robert Guillaume como Rafiki
- Rowan Atkinson como Zazu
- Madge Sinclair como Sarabi
- Zoe Leader como Sarafina