Iván Turguiéñef
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iván Sergéyevich Turguiéñef[1], nado en Orel o 9 de novembro de 1818 e finado en Bougival o 3 de setembro de 1883, foi un escritor, novelista e dramaturgo ruso, considerado o máis europeísta dos narradores dese país no século XIX. É autor dunha das grandes obras de narrativa rusa, a novela Ottsy i deti, que viría sendo Pais e fillos en lingua galega, se ben non se dispón aínda de tradución.
Notas[editar]
- ↑ A transcrición ao galego do nome do autor como Turguiéñef atopa a súa referencia no seu libro O primeiro amor, editado por Xerais
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Biografía
- Crónica de Iván Turguiéñef por Erik Lindgren (en inglés)
- Biografía breve (en inglés)
- Tres relatos de Turgiéñev en Ciudad Seva (en castelán)
- Os seus versos en ruso (en ruso)
- Turguiéñef e a música rusa (en inglés)